loader image

13 de xuño: Xornadas AGEFEC 2026, Asemblea e Eleccións á Xunta Directiva

O pasado sábado 13 de xuño celebramos unhas novas Xornadas da AGEFEC. Primeiramente queremos agradecervos a todas e todos quenes vos achegástedes ao IFEVI para acompañarnos ise día. Agardamos que as dinámicas levadas a cabo vos resultasen de proveito. Tras as dinámicas de Abordaxe de Situacións Complexas, realizouse unha abordaxe posterior cas elaboradoras das mesmas, … Ler máis

A AGEFEC dalle a benvida aos/as novos/as EIR de familiar e comunitaria

Dende a AGEFEC queremos dar a benvida ás/aos novas/os EIR que se incorporan este 5 de xuño á especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Comeza unha etapa chea de aprendizaxe, retos e experiencias que vos farán medrar tanto profesional como persoalmente. Na AGEFEC queremos acompañarvos neste camiño: contamos con congresos, actividades formativas e grupos de … Ler máis

Xornadas AGEFEC 2026, , benvida de residentes e Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria: eleccións á Xunta Directiva

Comprácenos convidar aos nosos socios e socias a unhas novas Xornadas da AGEFEC, que contarán ademais con acto de benvida para ás/aos novas/os residentes EIR de Familiar e Comunitaria. Celebraranse o sábado 13 de xuño de 2026, en horario de 9h a 14h, no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Para as Xornadas, temos preparada a … Ler máis

Cursos Medicarama: nova convocatoria

Atención❗ Dada a alta demanda dos cursos de Medicarama ofertados no 2025, abrimos unha nova convocatoria neste 2026. Ademais, os inscritos ás listas de contratación de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, coa publicación do novo pacto de contratacións, poderán incluílos como mérito curricular para a seguinte actualización das mesmas. A data de inicio … Ler máis

A AGEFEC asina un acordo de colaboración con Unive Abogados

Dende a AGEFEC informámosvos de que vimos de asinar un acordo de colaboración con Unive Abogados co obxectivo de ofrecer asesoramento xurídico aos nosos socios e socias. Ao contar con delegación en Galicia, Unive Abogados dispón dun equipo coñecedor e con formación específica na lexislación propia da nosa Comunidade Autónoma, favorecendo así unha atención máis … Ler máis

Recomendacións para a captación e estabilización de enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para a Atención Primaria de Galicia

A semana pasada enviamos á Consellería de Sanidade un documento con Recomendacións para a captación e estabilización de enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para a Atención Primaria de Galicia, dentro do marco do inminente concurso específico na categoría EFeC. Dende a AGEFEC apostamos por un plan estruturado de carácter plurianual para a reconversión … Ler máis