loader image

Coidados Paliativos

Introducción

O Grupo de Traballo de Coidados Paliativos da AGEFEC nace co propósito de contribuír á mellora continua da atención ás persoas con enfermidades avanzadas, crónicas complexas ou en situación de final de vida, así como ao acompañamento das súas familias e persoas coidadoras. Este enfoque baséase nun modelo de atención integral, centrado na persoa, que ten en conta as súas necesidades físicas, emocionais, sociais e espirituais, respectando en todo momento os seus valores, preferencias e dereitos.

Dende a perspectiva da enfermaría de familia, os coidados paliativos adquiren unha especial relevancia ao desenvolverse maioritariamente no ámbito da atención primaria e no propio domicilio das persoas. Neste contexto, a enfermeira convértese nunha figura clave para garantir a continuidade asistencial, a coordinación entre niveis e profesionais, e o acompañamento ao longo de todo o proceso de enfermidade e no duelo.

O grupo promove iniciativas orientadas a mellorar a calidade dos coidados, facilitar a identificación precoz das necesidades paliativas, e favorecer procesos como a toma de decisións compartidas e a planificación anticipada de coidados. Así mesmo, impulsa a elaboración e difusión de materiais formativos e divulgativos (infografías, guías, contidos audiovisuais), dirixidos tanto a profesionais sanitarios como á cidadanía, co fin de achegar coñecemento rigoroso e accesible.

A través dun traballo colaborativo, o Grupo de Traballo pretende consolidarse como un espazo de referencia para a actualización científica, o intercambio de boas prácticas e a promoción dunha atención paliativa humanizada, equitativa e baseada na evidencia.

Obxectivos

Obxectivo xeral:

Mellorar a atención enfermeira ás persoas en situación de enfermidade avanzada ou final de vida, promovendo coidados paliativos de calidade e centrados na persoa e na súa contorna.

Obxectivos específicos:

Elaborar e difundir materiais clínicos e educativos sobre coidados paliativos, dirixidos a profesionais e poboación.

Impulsar a formación, a actualización científica e a participación en actividades e colaboracións no ámbito dos coidados paliativos.

Impulsar a formación continuada e a actualización científica das enfermeiras no ámbito dos coidados paliativos.Fomentar a toma de decisións compartidas e a planificación anticipada de coidados. E  favorecer a coordinación entre niveis asistenciais e o traballo multidisciplinar.

Promover a humanización da atención ao final da vida, garantindo o respecto á dignidade da persoa.
Participar en proxectos de investigación, innovación e colaboración con outras entidades relacionadas cos coidados paliativos.

Integrantes

COORDINADOR/A

MARIANA MILLÁN FERNÁNDEZ

Graduada en Enfermaría pola Universidade de Vigo, 2018. Enfermeira Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria en Santiago de Compostela, 2024. Titora de residentes de enfermaría na UD Santiago de Compostela.

LUCÍA INSUA LAGO

Graduada en Enfermaría pola Universidade de Vigo, 2018. Enfermeira Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria en Santiago de Compostela, 2024. Máster en Dirección e Xestión Sanitaria pola Universidade da Rioxa, 2025. Coordinadora de Grupos de Traballo de Investigación de AGEFEC, 2026. Membro do Comité Científico do XIV Congreso 2027 de FAECAP.

NEREA RUBIANES BOUZA

Residente de Enfermaría Familiar e Comunitaria na UD Ferrol.