loader image

Estilos de Vida Saudable

Introducción

O Grupo de Traballo de Estilos de Vida Saudable da AGEFEC céntrase na promoción da saúde e na prevención da enfermidade a través da modificación de hábitos de vida, abordando factores clave como a alimentación, a actividade física, o consumo de substancias ou o benestar emocional.

O seu traballo oriéntase á intervención tanto a nivel individual como comunitario, desenvolvendo materiais e proxectos relacionados coa prevención de patoloxías prevalentes, como o risco cardiovascular ou o ictus, e incorporando a perspectiva da experiencia das persoas e a educación sanitaria como elementos fundamentais.

Obxectivos

Obxectivo xeral:

Promover estilos de vida saudables na poboación mediante intervencións enfermeiras baseadas na evidencia.

Obxectivos específicos:

Elaborar e difundir materiais educativos sobre hábitos saudables e prevención de enfermidades, dirixidos a profesionais e poboación xeral.

Impulsar proxectos, actividades e colaboracións que fomenten a promoción da saúde, a educación sanitaria e a participación comunitaria.

Integrantes

COORDINADOR/A

UXÍA REY LAMAS

Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster en Xestión e Liderado Enfermeiro. Experto Universitario en Educación Terapéutica en Diabetes. Centro de Saúde de Vite. Área sanitaria de Santiago e Barbanza.

MARÍA GONZÁLEZ FONDADO

Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster en Saúde Pública. Membro do Comité Español Interdisciplinario para a Prevención Vascular (CEIPV).

UXÍA REY LAMAS

Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster en Xestión e Liderado Enfermeiro. Experto Universitario en Educación Terapéutica en Diabetes. Centro de Saúde de Vite. Área sanitaria de Santiago e Barbanza.

MARÍA GONZÁLEZ FONDADO

Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster en Saúde Pública. Membro do Comité Español Interdisciplinario para a Prevención Vascular (CEIPV).

BEATRIZ TORRES CORRAL

Graduada en Enfermería pola UMA. Enfermeira Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster en Atención Sanitaria Xestión e coidados pola USC. Máster en Coidados Proactivos de Enfermería. Experto en Enfermería Escolar. Área Sanitaria de Santiago de Compostela y Barbanza.

EDUARDO COTO MACHADO

Graduado en Enfermaría na Universidade de Enfermaría de Pontevedra, 2018. Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria vía EIR no Consorci Sanitari de Terrassa, promoción 2022-2024. Experiencia en Atención Primaria, Medicina Interna e outras unidades de hospitalización desde 2018. Formación continuada en alimentación saudable, consello dietético en DM2, prescrición de exercicio físico e deshabituación tabáquica e alcohólica, entre outros ámbitos.

IRIA OTERO TENORIO

Graduada en Enfermería e enfermeira Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Membro colaborador en estudo de investigación da Área Sanitaria de Vigo liderado polo Dr. Jorge Comeselle acerca do síndrome de Joubert. Membro do grupo de traballo de promoción da actividade física e do deporte de FAECAP.