
O Grupo de Traballo de Promoción da Especialidade da AGEFEC ten como finalidade visibilizar e poñer en valor a Enfermaría Familiar e Comunitaria, destacando o seu papel esencial dentro do sistema sanitario e a súa contribución á saúde da poboación.
Este grupo traballa na difusión do perfil competencial da especialidade, na defensa do seu desenvolvemento e na xeración de iniciativas que favorezan o seu recoñecemento a nivel profesional, institucional e social. Ademais, desenvolve unha labor activa de reivindicación do papel e do lugar que a enfermeira especialista en Familiar e Comunitaria debe ocupar dentro do sistema de saúde, acorde á súa formación, competencias e responsabilidade asistencial.
Obxectivo xeral:
Promover o recoñecemento e desenvolvemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
Obxectivos específicos:
Difundir o papel, competencias e valor da especialidade mediante a organización e participación en actividades formativas, científicas e divulgativas dirixidas a profesionais, institucións e sociedade.
Impulsar accións e iniciativas orientadas á defensa, desenvolvemento e adecuado posicionamento da especialidade dentro do sistema sanitario.
Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, con exercicio nos centros de saúde de Combarro e Anafáns (Pontevedra). Graduada en Enfermaría e técnica superior en Dietética. Conta con formación en educación para a saúde, prevención de factores de risco e calidade asistencial. Desenvolve interese na promoción de hábitos saudables e na abordaxe nutricional en atención primaria.
Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Desenvolve a súa actividade no Centro de Saúde de Tordoia (A Coruña). Graduada en Enfermaría pola Universidade da Coruña e especialista vía EIR. Conta con experiencia en atención primaria e formación en vacinación, coidados de feridas e abordaxe da obesidade. Participa en actividades de actualización científica no ámbito da saúde comunitaria.
Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, con exercicio nos centros de saúde de Combarro e Anafáns (Pontevedra). Graduada en Enfermaría e técnica superior en Dietética. Conta con formación en educación para a saúde, prevención de factores de risco e calidade asistencial. Desenvolve interese na promoción de hábitos saudables e na abordaxe nutricional en atención primaria.
Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Desenvolve a súa actividade no Centro de Saúde de Tordoia (A Coruña). Graduada en Enfermaría pola Universidade da Coruña e especialista vía EIR. Conta con experiencia en atención primaria e formación en vacinación, coidados de feridas e abordaxe da obesidade. Participa en actividades de actualización científica no ámbito da saúde comunitaria.
Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria no Centro de Saúde de Narón (A Coruña). Dispón de formación específica en urxencias e emerxencias, soporte vital e atención ao paciente crítico. Conta con experiencia asistencial en contornos nacionais e internacionais. Interesada no desenvolvemento da atención urxente no ámbito da enfermaría comunitaria.
Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Desenvolve a súa actividade no Centro de Saúde de Becerreá (Lugo). Graduada en Enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista vía EIR. Conta con experiencia asistencial en atención primaria e formación específica en atención á cronicidade, implantación de boas prácticas e xestión de coidados. Compaxina a actividade clínica coa colaboración en docencia de formación sanitaria especializada e no grao en Enfermaría, participando ademais en actividades formativas e de actualización profesional. Colabora en iniciativas de investigación no ámbito dos coidados, con interese na promoción e visibilización da enfermaría familiar e comunitaria e na mellora da calidade asistencial baseada na evidencia.
Enfermeiro especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Desenvolve a súa actividade no Centro de Saúde de Portas (Pontevedra). Graduado en Enfermaría e especialista vía EIR. Conta con experiencia asistencial en atención primaria e participación en proxectos de investigación, especialmente no ámbito da cronicidade e do uso racional de medicamentos en enfermaría comunitaria. Dispón de formación en xestión integral de coidados e amosa interese na promoción e visibilización do rol da enfermaría familiar e comunitaria, así como na mellora da calidade asistencial baseada na evidencia.
Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Desenvolve a súa actividade no Centro de Saúde de Rianxo (A Coruña). Graduada en Enfermaría e especialista vía EIR. Conta con experiencia asistencial en atención primaria e en dispositivos de atención continuada, con formación orientada á práctica clínica comunitaria e ao manexo de patoloxía aguda e crónica. Amosa interese na promoción e visibilización do rol da enfermaría familiar e comunitaria, así como na mellora da calidade asistencial e da continuidade dos coidados no ámbito comunitario.
Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Desenvolve a súa actividade no Consultorio de Goián (Tomiño, Pontevedra). Conta con formación de posgrao en educación sanitaria (Máster de Profesorado) e experiencia asistencial no SERGAS e no ámbito privado. Compaxina a actividade clínica coa formación como colaboradora docente de residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Amosa interese na promoción e visibilización da especialidade a través da docencia e na mellora da calidade dos coidados no ámbito comunitario.
Enfermeiro especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Graduada en Enfermaría pola Universidade de Vigo. Conta con formación en terapia nutricional, prescrición de exercicio físico, xestión clínica e prevención da violencia de xénero. Desenvolve interese na promoción da saúde, a educación sanitaria e a prevención da fraxilidade e das caídas en atención primaria.