loader image

Feridas

Introducción

O Grupo de Traballo de Feridas da AGEFEC está orientado ao abordaxe integral das persoas con feridas no ámbito da enfermaría familiar e comunitaria, facendo especial fincapé na prevención, valoración e tratamento das feridas agudas e crónicas.

O grupo traballa na mellora da práctica clínica mediante a aplicación de coidados baseados na evidencia, a actualización continua dos coñecementos e a adaptación ás necesidades reais da atención primaria. Neste sentido, desenvólvense iniciativas centradas en problemáticas frecuentes como as queimaduras, as feridas complexas ou as feridas en contexto paliativo, así como na educación sanitaria dirixida á poboación.

Ademais, o grupo promove o traballo colaborativo e a organización por áreas temáticas, o que permite unha abordaxe máis específica e eficiente dos distintos aspectos relacionados co coidado das feridas.

Obxectivos

Obxectivo xeral:

Promover a mellora da atención ás persoas con feridas mediante o desenvolvemento e difusión de coidados enfermeiros baseados na evidencia.

Obxectivos específicos:

Elaborar e difundir materiais clínicos e educativos sobre prevención, valoración e tratamento das feridas, dirixidos a profesionais e poboación.

Impulsar a formación, a actualización científica e a participación en actividades e colaboracións relacionadas co coidado das feridas.

Integrantes

COORDINADOR/A

ELENA ISLA SÁNCHEZ

Graduada en enfermería en la USC (2017-2021). Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria no SSIBE (2022-2024). Formación continuada na abordaxe de feridas crónicas.

JENNIFER BELLO RODRÍGUEZ

Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Experiencia como enfermeira de Dermatoloxía. Autora de varios póster presentados en congresos nacionais sobre feridas.

ELENA ISLA SÁNCHEZ

Graduada en enfermería en la USC (2017-2021). Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria no SSIBE (2022-2024). Formación continuada na abordaxe de feridas crónicas.

JENNIFER BELLO RODRÍGUEZ

Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Experiencia como enfermeira de Dermatoloxía. Autora de varios póster presentados en congresos nacionais sobre feridas.

BERTA NOVEGIL CASTRO

Enfermeira no Servizo de Saúde Galego, exercendo competencias profesionais en diversos centros da comunidade, fundamentalmente relacionados coa Atención Primaria. Realizou os seus estudos formativos na Universidade de Santiago de Compostela, e ademais posúe o título de Técnico Superior en Hixiene Bucodental.

Actualmente, residente de Enfermaría Familiar e comunitaria.

PATRICIA NÚÑEZ MARIÑO

Diplomada en Terapia Ocupacional pola Universidade da Coruña (2004-2007). Graduada en Enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela (2009-2013). Enfermeira Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria (2023-2025). Actualmente enfermeira asistencial no Servizo de HADO en Área de Santiago de Compostela.

CORAL SAAVEDRA MARIÑO

Graduada en enfermaría na Escola Universitaria de Enfermaría de Santiago de Compostela, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

MAR ARMENGOL BERNABEU

LORENA BENAVIDES ORGE

Graduada en enfermería (Vigo, 2002), Certificado de Aptitude Pedagóxica (Vigo, 2008), Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria (UDM AFYC de León zona II-Ponferrada, 2024). Experiencia no ámbito asistencial e de investigación. Referente en Feridas no Proxecto úlcera Fóra na Área de Vigo, 2025.