loader image

Xestión

Introducción

O Grupo de Traballo de Xestión da AGEFEC ten como finalidade a xeración de contidos baseados na evidencia científica no ámbito da xestión e planificación sanitaria en Atención Primaria, cun enfoque específico no papel da enfermaría comunitaria.

O grupo traballa para visibilizar e reforzar as competencias da enfermeira comunitaria na xestión dos coidados, tanto no ámbito do centro de saúde (nivel micro), como na organización de servizos (nivel meso) e na planificación sanitaria (nivel macro).

O grupo céntrase na análise de modelos organizativos, ferramentas de xestión e estratexias aplicables ao contexto asistencial, co obxectivo de trasladar coñecemento útil e rigoroso e aplicable á práctica enfermeira. A través da elaboración de materiais científicos e divulgativos, preténdese facilitar a toma de decisións e impulsar o liderado enfermeiro e contribuír a unha xestión máis eficiente, equitativa e sostible dos recursos sanitarios.

Obxectivos

Obxectivo xeral:

Xerar, desenvolver e difundir coñecemento baseado na evidencia científica sobre a xestión e planificación sanitaria en Atención Primaria, destacando o papel da enfermaría comunitaria.

Obxectivos específicos:

Elaborar materiais, documentos e contidos científicos sobre organización, liderado e xestión dos coidados desde a perspectiva da enfermaría comunitaria.

Analizar e difundir o papel e as competencias da enfermeira comunitaria na xestión en diferentes niveis (micro, meso e macro).

Promover ferramentas e estratexias de xestión que melloren a eficiencia, calidade, equidade e sustentabilidade dos servizos sanitarios.

Fomentar o liderado enfermeiro na toma de decisións organizativas e na planificación sanitaria.

Integrantes

COORDINADOR/A

ALBERTO ÁLVAREZ GARRA

Especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria, con Máster en Dirección E Xestión Sanitaria e formación en transformación dixital e emerxencias extrahospitalarias. Membro da Comisión de calidade da Área sanitaria de Vigo dende 2026. Con experiencia en atención primaria, urxencias e investigación clínica, orienta súa labor á organización e planificación dos coidados dende o enfoque da enfermería baseada na evidencia, promovendo a mellora continua no ámbito comunitario.

ELENA SACRISTÁN HERNÁNDEZ

Enfermeira graduada na Escola Universitaria de Enfermaría de Meixoeiro (2015–2019) e especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria tras realizar a residencia EIR na Unidade Docente de Segovia (2022–2024). Foi vogal de residentes na Comisión Nacional da especialidade ata xaneiro de 2026 e actualmente é presidenta da Asociación EIR. Colabora con AGEFEC na defensa e desenvolvemento da especialización enfermeira.

RAQUEL CODESIDO TOURIÑO

Enfermeira especialista en Familiar e Comunitaria con 10 anos de experiencia en fortalecemento de sistemas da saúde en contextos fráxiles e de conflito, traballando con OMS, CICR y ONG internacionais en África, Oriente Medio, Asia e América Latina. Experta en resiliencia de Atención Primaria, preparación ante emerxencias e recuperación post-crisis. Actualmente enfermeira especialista no Centro de Saúde de A Estrada (SERGAS) y vocal na Xunta do Club Alumni Salud y Farma de ESADE

LUCIA VIEITES CABADA

Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, con experiencia profesional en Atención Primaria e formación específica en xestión sanitaria. Graduada en Enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista vía EIR, conta cun Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados, na especialidade de Xestión. Ten experiencia na organización e coordinación da actividade asistencial, así como na Dirección de Enfermaría do CHUAC. O seu interese profesional céntrase na xestión e organización dos coidados, a mellora da calidade asistencial e a innovación en Atención Primaria.