loader image

A AGEFEC dalle a benvida aos/as novos/as EIR de familiar e comunitaria

Dende a AGEFEC queremos dar a benvida ás/aos novas/os EIR que se incorporan este 5 de xuño á especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Comeza unha etapa chea de aprendizaxe, retos e experiencias que vos farán medrar tanto profesional como persoalmente. Na AGEFEC queremos acompañarvos neste camiño: contamos con congresos, actividades formativas e grupos de … Ler máis

Recomendacións para a captación e estabilización de enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para a Atención Primaria de Galicia

A semana pasada enviamos á Consellería de Sanidade un documento con Recomendacións para a captación e estabilización de enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para a Atención Primaria de Galicia, dentro do marco do inminente concurso específico na categoría EFeC. Dende a AGEFEC apostamos por un plan estruturado de carácter plurianual para a reconversión … Ler máis

14 de novembro. Día Mundial da Diabetes.

A diabetes mellitus é moito máis que unha cifra no glicómetro. É un desafío diario que se vence con acompañamento, información e empatía. Desde a AGEFEC e as enfermeiras e enfermeiros de familia e comunitaria, traballamos para que cada persoa teña o apoio que precisa: 🩺 educación en saúde, 🍎 orientación sobre alimentación equilibrada, 🚶♀️ … Ler máis

Folga de Atención Primaria

Prezadas/os compañeiras/os: O pasado venres 31/10 os sindicatos con representación en mesa sectorial de Galicia emitían un comunicado conxunto de convocatoria de folga de Atención Primaria para o vindeiro 26 de novembro, e no que se fai mención expresa á especialidade de enfermaría familiar e comunitaria. Aínda que o puntos clave da AGEFEC xa foron … Ler máis

21 de setembro: Día Mundial do Alzheimer

O vindeiro 21 de setembro, conmemoramos o Día Mundial do Alzheimer 🧠💙, unha enfermidade que afecta non só a quen a padece, senón tamén ás súas familias e contornas.Dende a enfermaría familiar e comunitaria, acompañamos, orientamos e apoiamos ás persoas coidadoras e pacientes durante todo o proceso. Hoxe compartimos con vos algúns consellos clave para … Ler máis

A AGEFEC participará na IV Feira da Saúde Pontesán

Dende a AGEFEC temos o pracer de informarvos que os vindeiros venres 26 e sábado 27 de setembro a Asociación participará activamente na feira Pontesán, que terá lugar en Pontevedra. Pontesán é a maior feira de saúde e benestar de Galicia, nacida no ano 2020 en plena saída da maior crise sanitaria do século, este … Ler máis

10 de setembro. Día Mundial para a Prevención do Suicidio.

Hoxe, 10 de setembro, celébrase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio, segunda causa de morte externa no noso país, só superada, por primeira vez no 2024, polas caídas accidentais. Como enfermeiras de familia, somos cruciais na prevención e detección precoz de condutas suicidas, pola continuidade asistencial e coñecemento que temos dos nosos pacientes … Ler máis

Enfermaría familiar e comunitaria: Mito ou Realidade?

Descubre todo o que (aínda) non sabes sobre o noso labor na Atención Primaria! 💬 Que outros mitos escoitaches sobre a nosa profesión? Déixao nos comentarios e axúdanos a desmitificar a enfermaría familiar e comunitaria. #MitoOuRealidade #EnfermaríaFamiliar #AtenciónPrimaria #SaúdeComunitaria #EFEC #EFYC #AGEFEC

Como actuar en caso de incendio

Dende a AGEFEC, como galegos e galegas, compartimos a dor e a carraxe por mor da vaga de incendios que está a asoballar tanto a nosa Comunidade como moitas outras ao longo de España. Porén, dende a nosa modesta posición, achegámosvos esta infografía sobre como actuar en caso de incendio, dirixida á cidadanía en xeral, … Ler máis