loader image

Infografía Infección Gonocócica

Tras o descanso estival, dende a AGEFEC voltamos traéndovos unha nova infografía dos nosos Grupos de Traballo. Desta vez, o Grupo de Saúde Pública e Inmunoprevenibles achéganos información actualizada sobre a infección gonocócica, de actualidade tanto polo aumento dos casos como polos cambios respecto á inmunización fronte a mesma na nosa Comunidade Autónoma. Esperando que … Ler máis

Como actuar en caso de picadura de…carracha

Despois do parón polo Día de Galicia, traémosvos a derradeira entrega das publicacións sobre picaduras que dende a AGEFEC realizamos ao longo do mes de xullo. Hoxe falamos sobre a picadura da carracha, a cal está presente ao longo do ano e ca que debemos ter especial precaución sobre todo se temos animais domésticos. Desexamos … Ler máis

25 de xullo. Día de Galicia.

Dende a AGEFEC queremos desexarvos a todos e todas un feliz Día de Galicia. Na imaxe podedes ver a Praza Maior de Ourense, cidade que albergará o IX Congreso da Asociación o ano que ven. Como curiosidade, trátase da única praza maior de España e unha das poucas de Europa co chan inclinado. Se acudides … Ler máis

A AGEFEC envía un escrito ás Areas Sanitarias sobre a reconversión de prazas de Enfermaría de Coidados Xerais de Atención Primaria á categoría de EFeC daquelas/es enfermeiras/os que realizaban labores de coordinación de Servizo

Grazas ás informacións que os socios e socias nos facedes chegar, temos constancia de que dende algunhas Áreas Sanitarias téñense posto obxeccións ao proceso de reconversión de prazas de Enfermaría de Coidados Xerais de AP á categoría de EFeC cando, estando ocupadas por enfermeiras que realizaban a coordinación do Servizo, quedan vacantes. Dende a AGEFEC … Ler máis

Como actuar en caso de picadura de…medusa

Este venres traémosvos unha nova entrega de como actuar ante a picadura de diversos animais. A de hoxe en concreto, trata sobre a picadura de medusa, especie cada vez máis presentes nos areais de toda a Península Ibérica. Agardamos, coma sempre, que sexa do voso interese e utilidade. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e … Ler máis

Como actuar en caso de picadura de…abella/avespa

Ao longo dos meses de verán, dende a AGEFEC, compartirémosvos unha serie de infografías en relación co período estival e cas urxencias e emerxencias habituais no mesmo. A primeira das informacións que vos traemos é sobre as picaduras de abella e avespa, moi presentes na nosa comunidade non só nesta estación senón no resto do … Ler máis

31 de maio. Día Mundial Sen Tabaco.

Hoxe, no Día Mundial Sen Tabaco, queremos lembrar o papel fundamental que pode xogar a enfermaría de Atención Primaria no abandono do mesmo. Tal e como recolle o Programa de apoio á cesación tabáquica – Guía breve para o profesional sanitario da Consellería de Sanidade (actualizado no 2025): “toda a actividade (salvo a prescrición) poderá … Ler máis

12 de Maio. Día Internacional da Enfermaría

Dende as coidadoras informais ata a enfermaría especializada, pasando por, entre outras, Florence Nightingale (nada un 12 de maio de 1820), a enfermaría leva curando, acompañando, educando e transformando ás persoas e á comunidade dende fai séculos. É por iso polo que neste día queremos recoñecer o noso pasado, celebrar o noso presente e loitar … Ler máis

Infografía “Abordaxe das queimaduras en Atención Primaria”

O grupo de traballo de Feridas da AGEFEC publica a súa primeira infografía, bilingüe, sobre a abordaxe das queimaduras na Atención Primaria. Nela fannos un repaso dos graos das mesmas, facendo fincapé nunha axeitada valoración e tratamento, incorporando evidencia sobre as últimas tecnoloxías ao respecto. Esperando que esta infografía sexa de axuda, podedes descargar ámbalas … Ler máis