loader image

Novo diploma estatal para o recoñecemento das competencias das titoras e titores de FSE

As especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria que exercen a titorización EIR poderán acceder a esta nova credencial oficial, destinada a recoñecer a experiencia, formación e competencias adquiridas na función tutorial. O Boletín Oficial do Estado publicou o 1 de agosto de 2026 a creación do Diploma de Acreditación na Área Funcional de Titorización de … Ler máis

A AGEFEC dalle a benvida aos/as novos/as EIR de familiar e comunitaria

Dende a AGEFEC queremos dar a benvida ás/aos novas/os EIR que se incorporan este 5 de xuño á especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Comeza unha etapa chea de aprendizaxe, retos e experiencias que vos farán medrar tanto profesional como persoalmente. Na AGEFEC queremos acompañarvos neste camiño: contamos con congresos, actividades formativas e grupos de … Ler máis

Xornadas AGEFEC 2026, , benvida de residentes e Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria: eleccións á Xunta Directiva

Comprácenos convidar aos nosos socios e socias a unhas novas Xornadas da AGEFEC, que contarán ademais con acto de benvida para ás/aos novas/os residentes EIR de Familiar e Comunitaria. Celebraranse o sábado 13 de xuño de 2026, en horario de 9h a 14h, no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Para as Xornadas, temos preparada a … Ler máis

12 de maio. Día Munidal da Enfermaría.

Hoxe, 12 de maio, celebramos o Día Mundial da Enfermaría. Celebramos unha maneira de entender o coidado, o compromiso colectivo coa vida e coa dignidade das persoas. Mais esta data non pode ser allea á realidade actual da sanidade. Vivimos tempos de incerteza, de sobrecarga asistencial e de reinvidcacións que nos apelan tanto como profesionais … Ler máis

Recomendacións para a captación e estabilización de enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para a Atención Primaria de Galicia

A semana pasada enviamos á Consellería de Sanidade un documento con Recomendacións para a captación e estabilización de enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para a Atención Primaria de Galicia, dentro do marco do inminente concurso específico na categoría EFeC. Dende a AGEFEC apostamos por un plan estruturado de carácter plurianual para a reconversión … Ler máis

26 de novembro. Día Mundial da Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Hoxe é un día para celebrar, pero tamén para facer ruído.As enfermeiras de familiar e comunitaria somos moito máis que un elo do sistema sanitario: somos a súa base. Estamos preto das persoas, acompañando, educando, coidando e defendendo a saúde nas casas, nos centros de saúde e nas comunidades.Somos as profesionais que coñecemos os nomes, … Ler máis

Folga de Atención Primaria

Prezadas/os compañeiras/os: O pasado venres 31/10 os sindicatos con representación en mesa sectorial de Galicia emitían un comunicado conxunto de convocatoria de folga de Atención Primaria para o vindeiro 26 de novembro, e no que se fai mención expresa á especialidade de enfermaría familiar e comunitaria. Aínda que o puntos clave da AGEFEC xa foron … Ler máis