Santiago de Compostela, 9 de Xuño do 2015
Os representantes da AGEFEC mantiveron a reunión cos voceiros parlamentarios de sanidade do PPdeG no Parlamento de Galicia.
Unha representación da Xunta Directiva da Asoci
ación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) encabezada polo seu actual Presidente, Francisco Jesús Represas Carrera, o Vicepresidente 1º, Álvaro Carrera García e a Tesoureira Silvia Pazos Platas, mantiveron un produtivo encontro con Miguel Ángel Santalices Vieira, Vicepresidente 1º do Parlamento de Galicia e voceiro de sanidade do PPdeG no mesmo, acompañado por Aurelio Núñez Centeno, Vicevoceiro de sanidade e deputado autonómico polo PPdeG este luns.
