loader image

Actualidade / Novas

Reunión coa EOXI da Coruña sobre a inserción dos Enfermeiros de Familia e Comunitarios

Unha delegación da AGEFEC conformada por tres membros do grupo de traballo “Promoción da especialidade” mantivo unha reunión coa EOXI da Coruña o pasado 6 de Maio.

EOXI DA CORUÑAPola parte da EOXI acudiron o Director de Procesos de Enfermaría Alfredo Moreno e o Director de Recursos Humanos Manuel Gómez. En representación da AGEFEC o Vicepresidente 1º Álvaro Carrera, Sabela Muíño e Mª Belén Vara.

A reunión transcorreu nun ambiente moi cordial onde os integrantes do grupo de Promoción da Especialidade deron a coñecer o potencial e a formación destes especialistas. Tamén foi aborda a necesidade de Enfermeiros de Familia e Comunitaria así como o papel que deberan desenvolver estes na primeira fase de inserción laboral.

Deste xeito finaliza a primeira ronda de contactos coas Xerencias de área de Galicia por parte do grupo de traballo de Promoción da Especialidade.

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días

Novo diploma estatal para o recoñecemento das competencias das titoras e titores de FSE