loader image

Actualidade / Novas

AGEFEC reúnese con Ciudadanos

IMG_1119Este luns 2 de Maio, unha delegación de AGEFEC encabezada polo seu Presidente, Francisco J. Represas  e pola Tesoureira Silvia M. Pazos reuníronse coas representantes de Ciudadanos, María Viñas Liñares Coordinadora da Agrupación de Santiago de Compostela e Dolores Pazos González, responsable de cidadanía.

O encontro encádrase dentro das reunións que este partido está a manter con diferentes colectivos sociais e profesionais para recoller achegas e posturas dos mesmos para a elaboración do seu programa electoral.

Os representantes da AGEFEC presentaron a Proposta de Mellora dos Coidados Enfermeiros na Atención Primaria da que as reponsables de Ciudadanos se mostraron moi receptivas e interesadas. Así mesmo resaltaron a importancia e a súa aposta polo desenvolvemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria no marco de mellora da Atención Primaria.

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, queremos transmitir o noso agradecemento a Ciudadanos polo seu convite e interese nas reivindicacións e melloras que defendemos para o Servizo Público de Saúde.

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días

Novo diploma estatal para o recoñecemento das competencias das titoras e titores de FSE