Santiago de Compostela, 29 de Maio do 2015
O acto organizado pola Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria este venres no salón de actos da Consellería de Sanidade foi valorado de éxito rotundo.
O acto comezou ás 11 da mañá de man do ex-Presidente da AGEFEC, Manuel Vidal Fernández Fernández que salientou a necesidade de especialistas de familia e comunitaria así como o recoñecemento a tódalas persoas implicadas na posta en marcha das unidades docentes que forman a estes enfermeiros especialistas, seguido do actual Francisco Jesus Represas Carrera e a Subdirectora Xeral de Programación e Planificación Asistencial da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, Dna. Teresa Queiro Verdes, que acudía en representación da Consellería de Sanidade.
