loader image

Documento de Instrucións Previas ou DIP📝

Hoxe traémosvos unha nova minipílula informativa do noso Grupo de Coidados Paliativos. Desta volta, fálannos sobre o Documento de Instrucións Previas ou DIP, ao cal podemos acceder dende IANUS (se o/a paciente dispón del). Desexamos que sexa do voso interese. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

💭 Sabes o que son os coidados paliativos?

Hoxe achegámosvos unha mini pílula informativa elaborada polo noso Grupo de Traballo de beneficios Paliativos. Nela, fannos unha breve definición destes coidados, así como dos seus beneficios tanto para o/a paciente coma para o seu entrono. Ao ano, unhas 40 millóns de persoas precisan coidados paliativos a nivel mundial, aínda que só o 12% os … Ler máis

A AGEFEC envía un escrito ás Areas Sanitarias sobre a reconversión de prazas de Enfermaría de Coidados Xerais de Atención Primaria á categoría de EFeC daquelas/es enfermeiras/os que realizaban labores de coordinación de Servizo

Grazas ás informacións que os socios e socias nos facedes chegar, temos constancia de que dende algunhas Áreas Sanitarias téñense posto obxeccións ao proceso de reconversión de prazas de Enfermaría de Coidados Xerais de AP á categoría de EFeC cando, estando ocupadas por enfermeiras que realizaban a coordinación do Servizo, quedan vacantes. Dende a AGEFEC … Ler máis

A AGEFEC e SEMG Galicia organizan o I Encontro de Medicina e Enfermaría de Familia e Comunitaria: “Innovar, Colaborar e Coidar: A Esencia da Saúde Comunitaria”

Dende a AGEFEC comprácenos informarvos do I Encontro de Medicina e Enfermería de Familia e Comunitaria, que terá lugar os vindeiros días 30 e 31 de Maio en Sanxenxo (Pontevedra). O mesmo está organizado coa colaboración de AGEFEC e de SEMG Galicia (Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia), porque cremos nunha Atención Primaria … Ler máis

A AGEFEC celebra o seu 18 aniversario

Hoxe, 14 de febreiro, a AGEFEC está de aniversario, celebramos 18 anos. Desde a Asociación queremos darlle as grazas a todos e todas os que fixeron posible chegar ata aquí. Porén, deixámosvos unhas breves palabras de parte da nosa actual Presidenta, Belén González Martínez: “Parabéns a AGEFEC polo seu aniversario, xa que supón unha celebración … Ler máis

26 de Novembro – Día da Enfermaría Comunitaria. Celébrao con nós!

O 26 de novembro celébrase, dende o ano 2022, o Día Internacional da Enfermaría Comunitaria, unha data especial para recoñecer e visibilizar o labor fundamental que realizamos as enfermeiras comunitarias no coidado e a promoción da saúde da poboación. Este ano, en AGEFEC, queremos conmemorar este día coa campaña ‘A túa enfermeira comunitaria, sempre ao … Ler máis

Presentación Grupos de Traballo

Benvidos/as aos Grupos de Traballo de AGEFEC! Se es unha persoa apaixonada pola enfermaría familiar e comunitaria, este é o lugar perfecto para ti. Os Grupos de Traballo son a columna vertebral da nosa Asociación, deseñados para fomentar a investigación, o desenvolvemento profesional continuo e a mellora de competencias no ámbito da Atención Primaria. Queres … Ler máis

Solicitude de expedición do título de especialista pola vía excepcional

O Ministerio de Universidades ven de habilitar na súa páxina web o formulario para a solicitude de expedición do título de especialista en enfermaría Familiar e Comunitaria asociada á superación da proba obxetiva do acceso á través vía excepcional. O formulario permanecerá aberto ata o 15 de marzo de 2023 e poderás encontrar toda a … Ler máis

El Sergas frena la contratación de enfermeras especialistas en enfermería familiar y comunitaria

El Sergas frena la contratación de enfermeras especialistas en enfermería familiar y comunitaria La Atención Primaria en Galicia se postula como la columna vertebral de todo el sistema sanitario, en torno a la cual pivotan el resto de servicios, y no solo la puerta de entrada al sistema sanitario. Pero para poder llevar a cabo … Ler máis

Estado actual da especialidade en Galicia

AGEFEC levou a cabo unha análise do estado actual da implantación da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria (EFeC) en Galicia e da situación laboral das enfermeiras e enfermeiros especialistas na nosa comunidade. Despois dun estudo pormenorizado e segundo os datos dos que dispoñemos, obtivemos as seguintes conclusións: Galicia foi a primeira comunidade en convocar … Ler máis