loader image

Os titores de Enfermería de Familia ao borde da dimisión colectiva pola política do SERGAS

Os titores lamentan que a Consellería de Sanidade desbote o seu esforzo en formar novos especialistas ao non fidelizalos en postos estruturais dos Centros de Saúde. AGEFEC solicita crear neste ano 2022 cen novos postos de enfermería especialista de familia e comunitaria, para afrontar os graves problemas da Atención Primaria. AGEFEC e titores piden aproveitar … Ler máis

FAECAP anuncia novidades con respecto á situación actual do proceso de obtención do título de Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria pola vía excepcional.

Tomas Mayoral, Subdirector Xeral Adxunto de Títulos e Ordenación, informou que en breve, posiblemente a finais de Maio, publicarase a resolución pola que, as persoas que aprobaron o primeiro exame de acceso a especialidade pola vía excepcional, poderán solicitar a emisión do título sen esperar á finalización do proceso. Preténdese publicar tamén nesta resolución a … Ler máis

Publicados os resultados correspondentes á primeira convocatoria da vía extraordinaria.

Hoxe publicáronse os resultados correspondentes á primeira convocatoria da proba obxectiva de acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria pola vía excepcional celebrada o 11 de Decembro de 2021. O Ministerio tamén informa que nun breve prazo de tempo, publicarase unha modificación da Resolución da Convocatoria, na que se recollerá o … Ler máis

Posicionamento da AGEFEC en relación a cobertura do sistema sanitario con persoal EIR en xornada extraordinaria

O sistema de formación sanitaria especializada mediante residencia constituíuse nas últimas décadas como a mellor forma de avance (científico e eficiente) das profesións sanitarias, tal e como mostran os excelentes resultados acadados no sistema nacional de saúde. Este sistema consiste na contratación para formación de profesionais sanitarios graduados para que, mediante unha asunción progresiva de … Ler máis

Elección prazas EIR de Familia e Comunitaria en Galicia

A Asociación Galega de Enfermería Familia e Comunitaria quere felicitar a tódalas enfermeiras e enfermeiros que hoxe escolleron a Enfermería Familiar e Comunitaria para especializarse, e en especial ós que o fixeron na nosa comunidade autónoma. Na seguinte tabla móstranse a relación do posto acadado no EIR e a Unidade Docente escollida Unha vez máis, … Ler máis

AGEFEC participa no Congreso Nacional de Titores de Formación Sanitaria Especializada

O día 3 de Outubro, na cidade de A Coruña, celebrouse o Congreso Nacional de Titores de Formación Sanitaria Especializada. Nesta edición, as especialidades enfermeiras tamén participaron. Coa iniciativa por parte da coordinadora de formación sanitaria especializada da EOXI de A Coruña, formouse un taller no que a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), a … Ler máis

Os Enfermeiros especialistas de Familia e Comunitaria reclaman ao Sergas que continúe apostando por este perfil

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria reclama que o Sergas continúe apostando por este novo perfil que redunda nunha mellor atención dos pacientes na Atención Primaria. Os Enfermeiros especialistas en Familia e Comunitaria denuncian un trato desigual fronte a outras categorías profesionais por parte de Recursos Humanos. A Asociación Galega de Enfermaría Familiar … Ler máis

Convocatoria EIR 2018

O día 14 de Setembro publicouse no BOE a Orde, SCB/947/2018 do 7 de setembro, pola que se convocan as probas selectivas 2018 para o acceso no ano 2019 ás prazas de formación sanitaria especializada. A data de realización do exame será o vindeiro dia 2 de febreiro de 2019, a duración da proba será de 5 … Ler máis

Guía práctica da abordaxe dos trastornos do sono da AIFiCC

As compañeiras e compañeiros da Associació d’Infermeria Familar i Comunitària de Catalunya (AIFiCC) puxeron nesta semana a disposición da AGEFEC a Guía práctica da abordaxe dos trastornos do Sono, Este tipo de guías de peto, son unha das actividades que realizan anualmente os compañeiros de AIFiCC. Esta guía foi elaborada por Álvaro Vilela Pájaro (Enfermeiro … Ler máis