loader image

Actualidade / Novas

Guía práctica da abordaxe dos trastornos do sono da AIFiCC

As compañeiras e compañeiros da Associació d’Infermeria Familar i Comunitària de Catalunya (AIFiCC) puxeron nesta semana a disposición da AGEFEC a Guía práctica da abordaxe dos trastornos do Sono, Este tipo de guías de peto, son unha das actividades que realizan anualmente os compañeiros de AIFiCC. Esta guía foi elaborada por Álvaro Vilela Pájaro (Enfermeiro de Familia e Comunitaria), Gemma Amat i Camats titora EIR e vogal da Xunta Directiva de AIFiCC e Jesús Pujol. Dado que o especialista Álvaro Vilela ten orixe galego, e en deferencia a lingua materna, tamén realizaron a tradución ao galego.

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) queremos agradece-la deferencia de AIFiCC por difundi-lo coñecemento no noso idioma e tamén por compartilo para medrar xuntos.

Preme na ligazón pra ver a guía.

Guia Práctica de abordaxe dos trastornos do sono (1)

Guia Práctica de abordaxe dos trastornos do sono (2)

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

MECE

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días