loader image

Actualidade / Novas

10 de setembro. Día Mundial para a Prevención do Suicidio.

Hoxe, 10 de setembro, celébrase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio, segunda causa de morte externa no noso país, só superada, por primeira vez no 2024, polas caídas accidentais.

Como enfermeiras de familia, somos cruciais na prevención e detección precoz de condutas suicidas, pola continuidade asistencial e coñecemento que temos dos nosos pacientes do trato diario. Tal e como recolle a Guía de Práctica Clínica (GPC) do Ministerio de Sanidade de Prevención e Tratamento da Conduta Suicida (revisada no 2020), o 75% das persoas contactan ca Atención Primaria o ano antes dun episodio de suicidio, mentres que o 45% o fan o mes antes.

Sabendo que son falsos mitos como que falar do suicidio pode inducir á súa consumación, animámosvos a todos e todas a afondar no coñecemento sobre a materia, para poder acompañar aos/ás pacientes e ás familias nesta complexa patoloxía.
Adxuntámosvos a bibliografía consultada, dentro da cal atópanse, entre outras, a GPC e Prevención e Tratamento da Conduta Suicida, así como o recentemente publicado Plan de Acción para a Prevención do Suicidio 2025-2027.

Unha conversa a tempo pode marcar a diferenza.

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

AGEFEC reclama unha reforma integral do sistema retributivo das enfermeiras de Atención Primaria de Galicia

A AGEFEC considera moi desacertada a proposta de novas dotacións de enfermeiras de familia na Atención Primaria

MECE

Calendario Científico de Enfermaría