loader image

AGEFEC traslada as súas demandas ao Voceiro de Sanidade do PP de Galicia

O día 2 de agosto o Presidente da AGEFEC, Francisco J. Represas, mantivo unha xuntanza con Aurelio Núñez, Voceiro de Sanidade do Partido Popular co obxectivo de lograr que as demandas da Enfermaría de Atención Primaria da nosa Comunidade Autónoma sexan incluídas no programa electoral do Partido Popular de Galicia para as vindeiras eleccións autonómicas … Ler máis

Libre Elección Enfermeira na Atención Primaria: o teu dereito, a túa saúde. Elixe o teu enfemeiro/a!

Santiago de Compostela, 27 de Xullo do 2015 O vindeiro 21 de Agosto do 2015 entra en vigor o DECRETO 55/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o exercicio do dereito á libre elección de persoal médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría en atención primaria, e de centro ou complexo hospitalario … Ler máis

A libre elección do persoal de enfermaría en Atención primaria xa é unha realidade

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) consegue, coa publicación do Decreto 55/2015, que o Servizo Galego de Saúde regule lexislativamente a libre elección de persoal de Enfermaría en Atención Primaria. Coa entrada en vigor deste Decreto recoñécese o  dereito de todos os usuarios a esta libre elección recollido na Lei 12/2013 sobre … Ler máis

AGEFEC consegue abrir o debate da inserción dos especialistas en EFeC no Parlamento Galego

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria logrou que fosen rexistradas seis iniciativas parlamentarias reclamando a inserción laboral dos especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria Despois dunha reunión solicitada pola portavoz parlamentaria de Sanidade do Partido Socialista Galego, Carmen Acuña do Campo á AGEFEC,  en relación as múltiples reivindicacións feitas pola nosa Sociedade Científica … Ler máis

Reunión da AGEFEC coa EOXI de Ourense.

  Unha delegación da AGEFEC conformada por tres membros do grupo de traballo “Promoción da especialidade” mantivo unha reunión coa EOXI de Ourense Pola parte da EOXI acudiron a Directora e Subdirectora de Enfermaría, dona María Victoria Carral e dona Montserrat Souto. En representación da AGEFEC, Álvaro Carrera (R2 de EFeC), María González (Especialista en … Ler máis

Reunión da AGEFEC coa Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra

Unha delegación da AGEFEC conformada por tres membros do grupo de traballo “promociónda especialidade” mantivo unha reunión coa EOXI de Pontevedra. Tratáronse temas como a situación actual a nivel formativo da especialidade de EFeC, a aportación dos especialistas de EFeC na mellora da calidade asistencial dende o seu ámbito competencial e cal é a situación actual … Ler máis

A AGEFEC ofrece a súa colaboración ás concellerías de saúde e benestar social de varios concellos galegos

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), co fin de promover os estilos de vida saudables e mellorando así os coñecementos, a autonomía e o autocoidado das persoas, acaba de remitir ás Concellerías de Saúde e Benestar Social dos Concellos de Ourense, Vigo, Pontevedra e Ferrol, un escrito de colaboración para toda actividade … Ler máis