loader image

AGEFEC participou nas diferentes xornadas e conmemoracións do día da Enfermaría

Tanto as socias e socios como os membros da directiva acudiron e participaron nas diferentes xornadas, actos e conmemoracións polo Día Internacional da Enfermaría. O mércores 11 de maio, arrincaron as XI Xornadas de Enfermaría de Ourense, que levaron como lema “Liderando coidados para adaptarse ás novas realidades sociais”. A elas acudiu unha ampla representación … Ler máis

AGEFEC reúnese con Ciudadanos

Este luns 2 de Maio, unha delegación de AGEFEC encabezada polo seu Presidente, Francisco J. Represas  e pola Tesoureira Silvia M. Pazos reuníronse coas representantes de Ciudadanos, María Viñas Liñares Coordinadora da Agrupación de Santiago de Compostela e Dolores Pazos González, responsable de cidadanía. O encontro encádrase dentro das reunións que este partido está a … Ler máis

O Consello da Xunta enviou ao Consello Consultivo o Proxecto de Decreto de Enfermeiro/a Especialista

Este xoves, 28 de abril, o Consello da Xunta aprobou o texto do Proxecto de Decreto que ten por obxecto a creación da categoría estatutaria de enfermeiro especialista para os efectos do seu sometemento ao ditame do Consello Consultivo. Comezan así os últimos pasos para que o proceso de creación da categoría estatutaria de enfermeiro/a … Ler máis

O SERGAS EMITE UNHA NOTA INFORMATIVA SOBRE O RD 954/2015 DE “PRESCRICIÓN ENFERMEIRA”

Este martes 1 de marzo, o Conselleiro de Sanidade emitiu unha nota informativa na que se resolven dúbidas en canto as actuacións de tódolos profesionais enfermeiros do Servizo Galego de Saúde a raíz da publicación do RD de “prescrición enfermeira”. As principais conclusións que se sacan do texto en relación a práctica diaria son: En relación a disposición … Ler máis

A Mesa Sectorial acorda por unanimidade a creación da categoría de Enfermeiro/a Especialista de Familia e Comunitaria

A Mesa Sectorial celebrada este venres 12 de Febreiro puxo solución a unha demanda que leva tras de si anos de traballo. O Proxecto de Decreto deberá ser aprobado polo Consello da Xunta e publicado no DOG para entrada en vigor. O 14 de Xaneiro do 2014 a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria … Ler máis

Carta conxunta ao Presidente da Xunta da AGEFEC, AGaEP, Consello Galego de Enfermaría e Academia de Enfermaría de Galicia

As Asociacións Galegas de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) e Enfermaría Pediátrica (AGaEP) xunto ao Consello Galego de Enfermaría e a Academia de Enfermería de Galicia remitiron varias cartas ao Presidente Alberto Núñez Feijoo, ao Conselleiro de Sanidade, Xerente do SERGAS e a Directora Xeral de Recursos Humanos. As Sociedades Científicas que representan aos Enfermeiros/as … Ler máis

AGEFEC reúnese co Conselleiro de Sanidade

Ao encontro asistiron o Conselleiro, a Directora Xeral de Recursos Humanos, o Presidente e os Vicepresidentes da AGEFEC. A reunión xirou en torno a proposta de mellora dos coidados enfermeiros na Atención Primaria que elaborou AGEFEC. A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria foi a primeira Sociedade Científica en ser recibida polo novo Conselleiro … Ler máis

Campaña Gripe 2015

O vindeiro día 19 de Outubro arrinca a campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica 2015. Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lembramos da importancia da vacinación nos grupos de risco (maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, fogares de anciáns, centros de crónicos, mulleres embarazadas, nenos e adultos con risco de … Ler máis

AGEFEC reivindica o desenvolvemento das ambulancias “sanitarizadas”

Nunha carta dirixida ao Director Xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria solicita o desenvolvemento das Ambulancias de SVA con Enfermeiro/a, “Sanitarizadas”. Dende a AGEFEC destácase que “estes dispositivos son un recurso eficiente á hora de xestionar un situación de emerxencia. Enviar recursos medicalizados … Ler máis

Proposta para a mellora dos Coidados Enfermeiros na Atención Primaria

O pasado 15 de Setembro, a Xunta Directiva da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria aprobou o documento de posicionamento “Proposta para a mellora dos Coidados Enfermeiros na Atención Primaria” despois de seren recollidas e valoradas as múltiples aportacións dos nosos socios. O documento que recolle 10 puntos chave, fai mención da aposta da … Ler máis