loader image

Actualidade / Novas

O Consello da Xunta enviou ao Consello Consultivo o Proxecto de Decreto de Enfermeiro/a Especialista

Este xoves, 28 de abril, o Consello da Xunta aprobou o texto do Proxecto de Decreto que ten por obxecto a creación da categoría estatutaria de enfermeiro especialista para os efectos do seu sometemento ao ditame do Consello Consultivo.

Comezan así os últimos pasos para que o proceso de creación da categoría estatutaria de enfermeiro/a especialista en familiar e comunitaria sexa unha realidade no SERGAS.

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria aledámonos que despois de anos de reivindicación e traballo todo dea os seus froitos. Porén, queda aínda pendente a correspondente dotación de prazas, que dende AGEFEC agardamos que se resolva con celeridade a diferencia do proceso anterior.

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días

Novo diploma estatal para o recoñecemento das competencias das titoras e titores de FSE