loader image

Solicitude da categoría de EFeC ó Servizo Galego de Saúde

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), o Consello Xeral de Enfermaría de Galicia e a Academia de Enfermaría de Galicia solicitan ao Servizo Galego de Saúde que sen mais demora proceda a creación da categoría profesional de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, e comece co proceso para a integración laboral … Ler máis

AGEFEC promove unha aposta decidida polo desenvolvemento do programa de polimedicados no SERGAS

Recentemente saíu publicado na prensa que unha de cada catro receitas non son retiradas en pacientes en activo e unha de cada cinco en pacientes pensionistas con copago. (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/01/06/farmacias-piden-alertas-pacientes-dejan-tratamiento/0003_201501G6P4991.htm) Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, lonxe de tentar crear alarma social, somos conscientes de que as causas poden ser múltiples, ben que … Ler máis

Os enfermeiros e enfermeiras especialistas esiximos o recoñecemento profesional tanto na empresa pública como na privada

Posicionamento das Asociacións de Enfermaría de Saúde Mental, Traballo e Saúde Laboral, Matronas, Xeriatría, Pediatría, e Familiar e Comunitaria. As Sociedades Científicas de Enfermaría de Saúde Mental (ANESM), de Traballo e Saúde Laboral (AET), Matronas (AGAM), Xeriatría (SGXX), Pediatría (AGAPap) e Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), as únicas que, a día de hoxe contan cun … Ler máis

A AGEFEC reúnese coa Directora Xeral de Recursos Humanos do SERGAS e demanda a creación da categoría de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Unha delegación da Xunta Directiva de AGEFEC encabezada polo presidente Manuel Vidal Fernández Fernández, a vogal de EIRs Lorena Comesaña Diego, e o  EIR Francisco Jesús Represas Carrera, foi recibida pola Directora Xeral de RR.HH o pasado día 13 de marzo nas dependencias do Servizo Galego de Saúde. Froito dun intenso traballo levado a cabo … Ler máis

Acreditación de tódalas UU.DD como de Atención Familiar e Comunitaria de Galicia

O desenvolvemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, a súa visibilidade social e a formación dos enfermeiros e enfermeiras de atención primaria son obxectivos fundacionais de AGEFEC. Dende a AGEFEC facemos unha aposta indiscutible pola nosa especialidade en tódolos aspectos convencidos de que a incorporación de especialistas en formación nos Servizos de Atención Primaria … Ler máis

A AGEFEC solicita que o tempo traballado como EIR se teña en conta a tódolos efectos como tempo traballado no Servizo Galego de Saúde.

Estimado socio/a:   O pasado día 30 de xaneiro saiu publicada a baremación provisional do proceso de actualización das listas de selección temporal da categoría de enfermeiro/a, e dado que non hai unidade criterio das distintas Comisións de Valoración a hora de valorar o tempo de traballo dos especialistas en formación como traballo efectivo nos … Ler máis

Libre elección de enfermera nos centros de saúde de Galicia

No DOGA do día 3 de xaneiro de 2014, saíu publicada a “Lei de garantías de prestacións sanitarias”. Dita Lei, recolle unha das demandas que AGEFEC lle transmitiu no seu momento á Conselleira de Sanidade Dna. Pilar Farjas e que lle volvemos a lembrar na reunión mantida con Dna. Rocío Mosquera a raíz do seu … Ler máis

A AGEFEC subscribe o “Manifiesto” que asinan conxuntamente numerosos Colexios de Enfermaría.

Estimado socio/a: Pola presente, infórmoche que a Asociación Galega de Enfermería de Familia e Comunitaria (AGEFEC), en consonancia co posicionamento de FAECAP subscribe o “Manifiesto”  que acaban de asinar os Colexios de Enfermaría de Alicante, Barcelona, Baleares, Castellón, Murcia, Pontevedra, Valencia, conxuntamente con el Consejo de Enfermería de la Comunidad Valenciana y la Conferencia Nacional … Ler máis

AGEFEC apoia o posicionamento da FAECAP ante o requisito por parte do goberno de realizar formación xa realizada para poder prescribir medicamentos por profesionais da enfermería

Estimados compañeiros: aínda sen estar ó 100% dacordo co contido do “manifiesto” e en consonancia co comunicado de FAECAP, suscribimos o manifesto.  Atte, Manuel-Vidal Fernández Fernández Pte AGEFEC DUE – C de S OROSO FAECAP se posiciona en contra del requisito de realizar un curso de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150-180, horas para poder prescribir