loader image

Actualidade / Novas

Solicitude da categoría de EFeC ó Servizo Galego de Saúde

logo_agefec_100pxA Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), o Consello Xeral de Enfermaría de Galicia e a Academia de Enfermaría de Galicia solicitan ao Servizo Galego de Saúde que sen mais demora proceda a creación da categoría profesional de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, e comece co proceso para a integración laboral dos especialistas desta categoría profesional.

Consulta aquí o documento

O pasado 29 de Xaneiro a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), e os demais organismos asinantes enviaron o presente comunicado a Conselleira de Sanidade  no que se demanda que o Servizo Galego de Saúde faga realidade o compromiso adoptado pola inserción laboral dos profesionais especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Non desperdiciando o seu caudal de coñecementos, aptitudes e habilidades que tanto esforzo e recursos necesitan para completar a súa formación, procedendo a súa inserción laboral no campo profesional para o que se formaron.

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

AGEFEC reclama unha reforma integral do sistema retributivo das enfermeiras de Atención Primaria de Galicia

A AGEFEC considera moi desacertada a proposta de novas dotacións de enfermeiras de familia na Atención Primaria

MECE

Calendario Científico de Enfermaría