loader image

NOVO MANUAL SOBRE A ABORDAXE INTEGRAL DO ALCOHOL EN ATENCIÓN PRIMARIA

O 17 de Xuño do 2016 tivo lugar en Cartaxena a Xornada Nacional sobre Alcohol na Atención Primaria organizada por SOCIDROGALCOHOL na que colaborou a “Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e Atención Primaria” (FAECAP) á que AGEFEC pertence. Nesta xornada presentouse o “manual de consenso sobre alcohol en atención primaria”, que podes descargar libremente … Ler máis

AGEFEC reúnese con Ciudadanos

Este luns 2 de Maio, unha delegación de AGEFEC encabezada polo seu Presidente, Francisco J. Represas  e pola Tesoureira Silvia M. Pazos reuníronse coas representantes de Ciudadanos, María Viñas Liñares Coordinadora da Agrupación de Santiago de Compostela e Dolores Pazos González, responsable de cidadanía. O encontro encádrase dentro das reunións que este partido está a … Ler máis

VÍA EXTRAORDINARIA EFeC: Aviso de actualización de datos

 Comunícannos dende a Xefatura do Servizo de Enfermaría da Subdirección Xeral de Títulos e Recoñecemento de Calificacións do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte que se require da actualización dos datos das Enfermeiras/os que solicitaron o acceso ao título de especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria a través da vía extraordinaria, coa fin de axilizar … Ler máis

O Consello da Xunta enviou ao Consello Consultivo o Proxecto de Decreto de Enfermeiro/a Especialista

Este xoves, 28 de abril, o Consello da Xunta aprobou o texto do Proxecto de Decreto que ten por obxecto a creación da categoría estatutaria de enfermeiro especialista para os efectos do seu sometemento ao ditame do Consello Consultivo. Comezan así os últimos pasos para que o proceso de creación da categoría estatutaria de enfermeiro/a … Ler máis

A Mesa Sectorial acorda por unanimidade a creación da categoría de Enfermeiro/a Especialista de Familia e Comunitaria

A Mesa Sectorial celebrada este venres 12 de Febreiro puxo solución a unha demanda que leva tras de si anos de traballo. O Proxecto de Decreto deberá ser aprobado polo Consello da Xunta e publicado no DOG para entrada en vigor. O 14 de Xaneiro do 2014 a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria … Ler máis

AGEFEC reúnese co Subdirector Xeral de Investigación, Docencia e Innovación do SERGAS.

O Presidente da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), D. Francisco Jesús Represas Carrera, e o Vicepresidente 1º, D. Álvaro Carrera García, reuníronse o pasado 18 de xaneiro con D. Luis Ángel León Mateos, Subdirector Xeral de Investigación, Docencia e Innovación do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) , e con Dª. Rosa María … Ler máis

Carta conxunta ao Presidente da Xunta da AGEFEC, AGaEP, Consello Galego de Enfermaría e Academia de Enfermaría de Galicia

As Asociacións Galegas de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) e Enfermaría Pediátrica (AGaEP) xunto ao Consello Galego de Enfermaría e a Academia de Enfermería de Galicia remitiron varias cartas ao Presidente Alberto Núñez Feijoo, ao Conselleiro de Sanidade, Xerente do SERGAS e a Directora Xeral de Recursos Humanos. As Sociedades Científicas que representan aos Enfermeiros/as … Ler máis

AGEFEC reúnese coa Portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

O pasado xoves 3 de decembro, reuníronse en Santiago a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, e o Presidente da asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria nunha reunión solicitada por este último a tódolos grupos parlamentarios para tratar o atraso inxustificado na publicación do Decreto que creará a categoría de Enfermeiro Especialista. … Ler máis

AGEFEC reúnese co Conselleiro de Sanidade

Ao encontro asistiron o Conselleiro, a Directora Xeral de Recursos Humanos, o Presidente e os Vicepresidentes da AGEFEC. A reunión xirou en torno a proposta de mellora dos coidados enfermeiros na Atención Primaria que elaborou AGEFEC. A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria foi a primeira Sociedade Científica en ser recibida polo novo Conselleiro … Ler máis