- A promotora da idea foi Carmen Abeledo Márquez, Enfermeira de Atención Primaria no CS A Parda da área de Pontevedra
- A iniciativa foi acollida polo Concello de Pontevedra no seu plan de mobilidade
- Pasominuto pretende ser un chanzo máis para axudar aos noso usuarios a acada-las recomendacións mínimas de actividade física diaria.

O pasado martes 21 de Xullo, tivemos a oportunidade de coñecer Pasominuto da man da súa creadora, Carmen Abeledo Márquez, Enfermeira de Atención Primaria no Centro de Saúde de A Parda, na EOXI de Pontevedra. Acudiu en representación da AGEFEC, a Vogal de Saúde Pública e Comunitaria, Ana Sáez.
Enfermeira de atención primaria dende fai anos destaca na promoción de saúde e prevención das enfermidades dos seus pacientes. O seu traballo comunitario esténdese a colaboración con diversas asociacións (alzheimer, ADAHPO…) así como a organización de talleres diversos talleres como os de memoria, diabetes, obesidade, etc.
