loader image

Actualidade / Novas

Dende a AGEFEC informámosvos de que vimos de asinar un acordo de colaboración con Unive Abogados co obxectivo de ofrecer asesoramento xurídico aos nosos socios e socias.

Ao contar con delegación en Galicia, Unive Abogados dispón dun equipo coñecedor e con formación específica na lexislación propia da nosa Comunidade Autónoma, favorecendo así unha atención máis próxima e adaptada ás nosas necesidades.

Grazas a este acordo, os socios e socias poderedes beneficiaros de:

  • Consultas e orientación xurídica gratuíta en calquera ámbito do Dereito.
  • Acceso ao servizo a través da plataforma web de Unive Abogados, mediante a seguinte ligazón.
  • Desconto do 10 % nos honorarios profesionais en caso de contratación de servizos xurídicos (laboral, civil, administrativo, fiscal, protección de datos, etc.), extensible tamén aos familiares directos.

As consultas iniciais serán gratuítas, e calquera actuación profesional posterior realizarase sempre baixo orzamento previo e aceptación expresa por parte da persoa interesada.

Así mesmo, con carácter periódico, recibiredes información e novidades en materia xurídica relacionadas coa nosa especialidade e coa enfermaría de Atención Primaria.

Seguimos traballando por e para vós. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💪🏻💙

Para ver o contido desta noticia deberás estar asociado.

Asóciate

Se xa eres socio, preme

Iniciar sesión

O pasado luns 29 de setembro comezou a Campaña de Vacinación fronte á Gripe e a Covid-19, iniciándose polas persoas institucionalizadas en residencias de maiores e centros de discapacidade e traballadores/as destas institucións.

A partir da vindeira semana, levarase a cabo a vacinación, dende os centros de saúde, tanto da poboación pediátrica como das persoas inmobilizadas de calquera idade e coidador/a principal destas.

Dende a AGEFEC, como enfermeiras/os de familia, sabemos a carga asistencial e loxística que esta campaña implica cada ano, por elo, compartimos con vós a seguinte infografía.

Tomando como referencia a Instrución de Manexo da Rede de Frío, da Dirección Xeral de Saúde Pública, recompilamos os aspectos esenciais respecto á manipulación das neveiras dos vosos centros de saúde nas que se almacenen vacinas, así como a colocación e manexo das mesmas en caso de existir algunha incidencia (rotura da cadea de frío, caducidade, etc.). Agardamos que sexa do voso interese e utilidade.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

 

A semana pasada enviamos á Consellería de Sanidade un documento con Recomendacións para a captación e estabilización de enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para a Atención Primaria de Galicia, dentro do marco do inminente concurso específico na categoría EFeC.

Dende a AGEFEC apostamos por un plan estruturado de carácter plurianual para a reconversión de prazas, facendo un diagnóstico da situación actual e propondo as medidas que consideramos máis apropiadas de cara ao avance e consolidación definitiva da especialidade.

A continuación, achegámosvos unha infografía resumo cas nosas principais propostas. No voso correo de socios/as dispodes de máis información, incluído un Resumo Executivo do documento.

Informarémosvos das novidades ao respecto.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

En xaneiro, dende a AGEFEC, poñemos o foco na promoción de hábitos saudables, non só para os noso/as pacientes, se non tamén para os que coidamos:

1. Unha alimentación equilibrada e sostible.

2. A práctica regular de actividade física adaptada a cada etapa da vida.

3. O coidado da saúde mental e do benestar emocional: sabías que Xaneiro Branco é unha campaña orientada á sensibilización sobre a saúde mental? Ao longo deste mes anímasenos a parar, reflexionar sobre os nosos pensamentos e emocións, e a prestar atención a como coidamos do noso benestar emocional. Porque do mesmo xeito que coidamos o corpo, tamén é fundamental atender e protexer a nosa saúde mental.

4. Fortalecemento das redes de apoio comunitario. Estos son piares fundamentais para mellorar a saúde das persoas, familias e comunidades.

Dende a enfermería de familia acompañamos nestes procesos ao longo de todo o ano, promovendo cambios realistas, sostibles e centrados nas diferentes necesidades da poboación. Un ano máis, aquí seguiremos con vós.

#AGEFEC #EFeC #XaneiroBranco

Seccións

Etiquetas

Publicacións recentes

AGEFEC reclama unha reforma integral do sistema retributivo das enfermeiras de Atención Primaria de Galicia

A AGEFEC considera moi desacertada a proposta de novas dotacións de enfermeiras de familia na Atención Primaria

MECE

Calendario Científico de Enfermaría