loader image

Actualidade / Novas

O pasado sábado 13 de xuño celebramos unhas novas Xornadas da AGEFEC. Primeiramente queremos agradecervos a todas e todos quenes vos achegástedes ao IFEVI para acompañarnos ise día. Agardamos que as dinámicas levadas a cabo vos resultasen de proveito.

Tras as dinámicas de Abordaxe de Situacións Complexas, realizouse unha abordaxe posterior cas elaboradoras das mesmas, membros dos Grupos de Traballo. Na imaxe, de esquerda a dereita: Lucía Vieites, Lorena Comesaña, Ana Balsa, María Amosa, Luis Rodríguez (Psicólogo Clínico da Área de Vigo) e Mariana Millán.

Despois das Xornadas, tivo lugar a Asemblea Xeral de Socios Ordinaria e Extraordinaria. Nesta última, celebramos as eleccións á Xunta Directiva. Só se presentou unha candidatura, polo que non houbo votación, quedando proclamada a nova Xunta Directiva no acto. Esta nova Xunta, contemplada para unha duración de dous anos (2026 a 2028), volta estar encabezada por Dna. Belén González Martínez en calidade de Presidenta. Como integrantes do resto da Xunta Directiva, acompáñana os seguintes socios e socias:

  • Dna. Leticia Carral Otero como Vicepresidenta 1ª.
  • D. Adrián Vences Garrido como Vicepresidente 2º e Vogal de Investigación e Desenvolvemento.
  • Dna. María Amosa Serto como Tesoureira.
  • Dna. Belén López Vázquez como Secretaria.
  • Dna. Andrea Fernández Rodríguez como Vogal de Comunicación e Redes.
  • Dna. Elena Isla Sáchez como Vogal de Páxina Web
  • Dna. Lucía Ínsua Lago como Vogal de Grupos de Traballo.
  • Dna. Ana Balsa Souto como Vogal de Desenvolvemento e Avance Profesional.
  • Dna. Mónica Carazo García como Vogal de Promoción da Especialidade.
  • Dna. Beatriz María Torres Corral como Vogal de Formación Continuada.

Tras os trámites administrativos que conleva o proceso electoral e de cambio de Xunta Directiva, comezaremos a traballar por e para vós: o IX Congreso, Formación Continuada propia da AGEFEC actividades dos Grupos de Traballo…desexamos compartir todo elo e seguir medrando xuntos/as como profesionais e como Asociación. Así mesmo, sempre estamos abertos/as a que nos fagades as aportacións que consideredes para tal fin.

Non queremos rematar sen agradecer ás integrantes da Xunta Directiva 2024-2026 que xa non continúan nesta nova lexislatura connosco para agradecerlles o seu traballo e tempo libre adicados á Asociación, xa que contribuíron a que chegaramos a onde estamos hoxe: Yoli, Gemma e Sara, a AGEFEC sempre será a vosa casa.

Seguimos. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

 

 

Dende a AGEFEC queremos dar a benvida ás/aos novas/os EIR que se incorporan este 5 de xuño á especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Comeza unha etapa chea de aprendizaxe, retos e experiencias que vos farán medrar tanto profesional como persoalmente.
Na AGEFEC queremos acompañarvos neste camiño: contamos con congresos, actividades formativas e grupos de traballo nos que podedes participar activamente, compartir coñecemento e crear rede con outras/os profesionais.
Ademais, lembrámosvos que o primeiro ano de inscrición é de balde para novas/os residentes e tamén para titoras/es.
Benvidas e benvidos á comunidade EFeC!

Prezados socios e socias:

Como xa vos anunciamos, a AGEFEC mudou a súa páxina web.

O primeiro cambio foi o paso do dominio .org ao dominio .gal. Pero, sen dúbida, o cambio máis importante foi a actualización e imaxe da páxina: máis accesible, visual e fácil de consultar, con espazo propio para os/as asociados:
– Por unha parte, unha área privada, para a cal vos chegarán a alta e os accesos nos vindeiros días (xa nos preguntástedes varias persoas por elo, pero o proceso non vai ser inmediato polo elevado número de socios/as e altas a facer).
– Por outra, unha aula virtual propia da AGEFEC, para os nosos futuros cursos (nos que xa estamos a traballar 😉).

O que si mantivo esta nova web foi a súa, e por ende, a nosa esencia: o contido científico e a defensa e loita dos/as EFEC e da especialidade.

Agardamos que vos guste. Calquera achega ou mellora ao respecto podédesnola achegar.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💙💪🏻

Comprácenos convidar aos nosos socios e socias a unhas novas Xornadas da AGEFEC, que contarán ademais con acto de benvida para ás/aos novas/os residentes EIR de Familiar e Comunitaria.
Celebraranse o sábado 13 de xuño de 2026, en horario de 9h a 14h, no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI).
Para as Xornadas, temos preparada a seguinte mesa:
  • Comunicación Clínica e Abordaxe de Situacións Complexas na Consulta, con simulacións de casos clínicos por parte dos membros dos Grupos de Traballo da AGEFEC.
Así mesmo, disporemos dunha pausa café tras, a cal, sortearemos entre os/as asistentes, unha inscrición gratuíta ao noso vindeiro Congreso!
A maiores, os/as EIR socios/as que acudan recibirán un desconto do 50% na inscrición do curso “Iniciación ás actividades preventivas na Atención Primaria”, elaborado por socias/os da AGEFEC con ampla traxectoria docente, que comezará en modalidade en liña con metodoloxía B-learning en setembro de 2026.
Tras isto, en torno ás 12:30h, daremos paso a unha nova Asemblea de Socios en sesión Ordinaria e Extraordinaria para a celebración das eleccións á Xunta Directiva da AGEFEC, para a cal vos achegamos a convocatoria a través do voso correo de asociados/as.
Para asistir tanto ás Xornadas como á Asemblea, dispodes dunha ligazón única tamén no correo.
Agardámosvos! A AGEFEC é necesaria, somos necesarias e necesarios 💙 💪🏻 #enfermaria #enfermeria #AGEFEC #Vigo #Galicia

Atención❗ Dada a alta demanda dos cursos de Medicarama ofertados no 2025, abrimos unha nova convocatoria neste 2026.

Ademais, os inscritos ás listas de contratación de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, coa publicación do novo pacto de contratacións, poderán incluílos como mérito curricular para a seguinte actualización das mesmas.

A data de inicio dos mesmos será do 01/06/2026, e a data de fin do 01/07/2026.

Os 4 cursos que se ofertan son os seguintes:

1. Atención Integral ao paciente con Obesidade CFC 5,3. Custo: 35 €
2. Coidados da Muller con Menopausia CFC 6,8. Custo 39 €
3. Coidados Paliativos CFC 12,1. Custo 42 €
4. Valoración Xeriátrica Integral CFC 9,7. Curso 48 €

A data de fin de preinscrición aos mesmos será do 28/05/26, inclusive.

Lembramos aos que vos preinscribistes nas anteriores edicións pero que non completastes o procedemento de pago, que no caso de que esteades interesados, deberedes preinscribirvos de novo.

Achegamos a ligazón para realizar a preinscrición: https://agefec.gal/formacion/formacion-continuada-2026/

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💙💪🏻

Hoxe, 12 de maio, celebramos o Día Mundial da Enfermaría. Celebramos unha maneira de entender o coidado, o compromiso colectivo coa vida e coa dignidade das persoas.

Mais esta data non pode ser allea á realidade actual da sanidade. Vivimos tempos de incerteza, de sobrecarga asistencial e de reinvidcacións que nos apelan tanto como profesionais como cidadáns usuarios/as do propio sistema sanitario. Non debemos esquecernos de que este presente ten por obxectivo lograr un futuro mellor para todos e todas; cunha planificación, investimento e condicións laborais axeitadas e adaptadas á realidade, a enfermaría poderá centrarse, desenvolver e mellorar aquelo para o que foi formada: o coidado do individuo, da familia e da comunidade, en todos os niveis asistenciais.

Porque coidar é un acto asistencial, pero tamén social e político. Unidos e unidas, seguimos defendendo unha sanidade pública, humana e con visión de futuro, onde o valor da enfermaría sexa recoñecido como pilar esencial da saúde colectiva 💪🏻 💙

 

Seccións

Etiquetas

Publicacións recentes

AGEFEC reclama unha reforma integral do sistema retributivo das enfermeiras de Atención Primaria de Galicia

A AGEFEC considera moi desacertada a proposta de novas dotacións de enfermeiras de familia na Atención Primaria

MECE

Calendario Científico de Enfermaría