loader image

Actualidade / Novas

ENFERMEIRAS NOS CENTROS DOCENTES

O día 3 de Maio en Santiago de Compostela AGEFEC foi convidada polo Colexio de Enfermaría da Coruña e AMECE (Asociación Madrileña de enfermaría en centros educativos, Nacional, Internacional) a compartir inquietudes sobre o estado actual das enfermeiras nos centros educativos.

Aprendemos das experiencias de compañeiras madrileñas que neste intre realizan a súa labor no ámbito escolar, quedando moi definidas e en alza as competencias que nel desenvolven.

En Galicia coñecemos a importancia da colaboración dos centros de saúde no marco da atención comunitaria ante a situación da profesión emerxente.

Por iso, desexamos ampliar os vínculos con profesionais docentes, ofertando a nosa axuda e proporcionando lazos de colaboración nun ámbito tan importante como é o educativo

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

MECE

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días