loader image

Estilos de vida saudables, a nova web temática do Ministerio de Sanidade

O Ministerio de Sanidade abriu este mércores 4 de novembro a súa nova web www.estilosdevidasaludable.msssi.gob.es. Trátase dun recurso en liña destinado a profesionais e cidadáns. Esta web desenvolveuse ao abeiro da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no SNS, para fornecer información útil e de calidade, tendo en conta os factores priorizados na estratexia: … Ler máis

Campaña Gripe 2015

O vindeiro día 19 de Outubro arrinca a campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica 2015. Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lembramos da importancia da vacinación nos grupos de risco (maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, fogares de anciáns, centros de crónicos, mulleres embarazadas, nenos e adultos con risco de … Ler máis

AGEFEC leva a cabo unha Intervención Comunitaria en cativos de Culleredo

O pasado luns 24 de agosto, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria participou nunha sesión educativa sobre hábitos de vida saudables, dirixida a nenos de 3 a 12 anos, no campamento de verán de Culleredo organizado pola empresa Xestión Cultural Áurea SL. Esta intervención comunitaria que estivo a cargo da nosa socia Manuela … Ler máis

“Pasominuto” un gran instrumento para o fomento e a prescrición do exercicio físico

  • A promotora da idea foi Carmen Abeledo Márquez, Enfermeira de Atención Primaria no CS A Parda da área de Pontevedra
  • A iniciativa foi acollida polo Concello de Pontevedra no seu plan de mobilidade
  • Pasominuto pretende ser un chanzo máis para axudar aos noso usuarios a acada-las recomendacións mínimas de actividade física diaria.
Carmen Abeledo e Ana Sáez
Carmen Abeledo e Ana Sáez

O pasado martes 21 de Xullo, tivemos a oportunidade de coñecer Pasominuto da man da súa creadora, Carmen Abeledo Márquez, Enfermeira de Atención Primaria no Centro de Saúde de A Parda, na EOXI de Pontevedra. Acudiu en representación da AGEFEC, a Vogal de Saúde Pública e Comunitaria, Ana Sáez.

Enfermeira de atención primaria dende fai anos destaca na promoción de saúde e prevención das enfermidades dos seus pacientes. O seu traballo comunitario esténdese a colaboración con diversas asociacións (alzheimer, ADAHPO…) así como a organización de talleres diversos talleres como os de memoria, diabetes, obesidade, etc.

Ler máis