loader image

Actualidade / Novas

AGEFEC reúnese ca Unión Xeral de Traballadores (UXT)

O mércores 29 de xaneiro, Belén González Martínez (presidenta da AGEFEC) e Yolanda Rodríguez Vieira (Vicepresidenta 1ª da AGEFEC), reuníronse cos delegados sindicais de sanidade de UXT, na sede autonómica do sindicato en Santiago de Compostela.

En dita reunión abordouse a situación actual da Atención Primaria e tratáronse, entre outros temas:

  • A incorporación progresiva de tódalas especialidades, incluída a EFEC.
  • A aplicación da Disposición Transitoria 2º do Decreto 81/2016,
  • O incremento da oferta EIR e o número de titores
  • A creación de prazas EFEC.

Por parte da AGEFEC, aportáronse novamente os datos da situación actual dos Especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria, destacando a necesidade de fidelizar e estabilizar ao 70% da EFeC que non está traballando en AP. Tamén se fixo referencia ao Posicionamento da AGEFEC, dispoñible tamén na nosa páxina web.

Ambas entidades quedaron en manter o contacto e realizar futuras reunións.

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días

Novo diploma estatal para o recoñecemento das competencias das titoras e titores de FSE