loader image

Actualidade / Novas

AGEFEC homenaxea as súas Socias de Honra

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), homenaxeou as súas 3 socias de honra no marco das V Xornadas Científicas, celebradas os pasados 14 e 15 de outubro no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Este homenaxe seviu tamén para presentar a figura diseñada pola escultora Ourensá, Fen Mugüerza, a que se lle encargou o deseño desta figura única e específica para os socios de honra da AGEFEC.
Socios de Honra

As 3 socias de honra homenaxeadas foron:

•    María Teresa Leis Blanco, nomeada no 2010. Enfermeira de Atención Primaria no CS de Riveira (A Coruña). Referente para todo o seu EAP e para a AGEFEC na área da ciruxía menor.

•    Teresa Lindoso López, nomeada no 2016. Enfermeira de Atención Primaria no CS Valle Inclán (Ourense). Coordinadora de Enfermaría cunha ampla traxectoria na Atención Primaria, nun dos Centros de Saúde pioneiros en Galicia.

•    Rosa María Carriba López, nomeada no 2016. Enfermeira de Atención Primaria no CS de Bertamiráns (Ames – A Coruña). A pesares da súa traxectoria mais curta en Atención Primaria, demostrou dende o principio un enorme desexo de integración e de ansia de coñecementos, participando en numerosos cursos de formación e afiliándose a AGEFEC nada mais chegar á atención primaria despois dunha longa traxectoria no Hospital Clínico de Santiago. Un exemplo de integración procedendo dun mundo asistencial totalmente distinto.

img_0827-web

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

MECE

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días