loader image

Actualidade / Novas

Minipílula GT Paliativos: proceso de do.

O dó é unha resposta natural e adaptativa ante unha perda significativa.
Pode afectar ás dimensións física, psicolóxica, social e espiritual, pero
xeralmente é un proceso temporal que vai diminuíndo a medida que a persoa
asimila a perda.

A recuperación vese favorecida por unhas estratexias de afrontamento
axeitadas, polo apoio familiar e social e polo paso do tempo.
Aproximadamente un 7 % dos procesos de dó pode evolucionar
cara a formas patolóxicas.

Para distinguir o dó normal do patolóxico, valóranse aspectos como o
momento de aparición, a duración da incapacidade, a negación persistente
da morte, as alucinacións complexas, a identificación extrema coa persoa
falecida e a presenza de condutas anormais.

O trastorno por dó prolongado caracterízase por unha
duración excesiva, unha dor emocional intensa, condutas evitativas e
dificultades para recuperar a vida cotiá.


Diferenzas entre o dó normal e o dó patolóxico


Dó normal

Dó patolóxico
Aparece aos poucos días. Aparece ás semanas ou meses, ou non aparece.
Pode ser incapacitante durante días. Pode ser incapacitante durante semanas.
Pode existir negación dalgúns aspectos da morte. Existe negación da morte e a persoa cre que o falecido continúa vivo.
Pode producirse unha identificación temporal coa persoa falecida. A persoa pode chegar a crer que é a persoa falecida.
Pódese escoitar ou percibir o cheiro da persoa falecida de maneira puntual. Poden aparecer alucinacións complexas e estruturadas.
Poden aparecer síntomas somáticos similares aos da persoa falecida. A persoa pode crer que morrerá da mesma enfermidade.
Poden aparecer condutas temporais propias do loito. Poden aparecer condutas persistentes ou anormais.


Bibliografía MP Proceso de do

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días

Novo diploma estatal para o recoñecemento das competencias das titoras e titores de FSE