O pasado sábado 13 de xuño celebramos unhas novas Xornadas da AGEFEC. Primeiramente queremos agradecervos a todas e todos quenes vos achegástedes ao IFEVI para acompañarnos ise día. Agardamos que as dinámicas levadas a cabo vos resultasen de proveito.

Tras as dinámicas de Abordaxe de Situacións Complexas, realizouse unha abordaxe posterior cas elaboradoras das mesmas, membros dos Grupos de Traballo. Na imaxe, de esquerda a dereita: Lucía Vieites, Lorena Comesaña, Ana Balsa, María Amosa, Luis Rodríguez (Psicólogo Clínico da Área de Vigo) e Mariana Millán.
Despois das Xornadas, tivo lugar a Asemblea Xeral de Socios Ordinaria e Extraordinaria. Nesta última, celebramos as eleccións á Xunta Directiva. Só se presentou unha candidatura, polo que non houbo votación, quedando proclamada a nova Xunta Directiva no acto. Esta nova Xunta, contemplada para unha duración de dous anos (2026 a 2028), volta estar encabezada por Dna. Belén González Martínez en calidade de Presidenta. Como integrantes do resto da Xunta Directiva, acompáñana os seguintes socios e socias:
- Dna. Leticia Carral Otero como Vicepresidenta 1ª.
- D. Adrián Vences Garrido como Vicepresidente 2º e Vogal de Investigación e Desenvolvemento.
- Dna. María Amosa Serto como Tesoureira.
- Dna. Belén López Vázquez como Secretaria.
- Dna. Andrea Fernández Rodríguez como Vogal de Comunicación e Redes.
- Dna. Elena Isla Sáchez como Vogal de Páxina Web
- Dna. Lucía Ínsua Lago como Vogal de Grupos de Traballo.
- Dna. Ana Balsa Souto como Vogal de Desenvolvemento e Avance Profesional.
- Dna. Mónica Carazo García como Vogal de Promoción da Especialidade.
- Dna. Beatriz María Torres Corral como Vogal de Formación Continuada.
Tras os trámites administrativos que conleva o proceso electoral e de cambio de Xunta Directiva, comezaremos a traballar por e para vós: o IX Congreso, Formación Continuada propia da AGEFEC actividades dos Grupos de Traballo…desexamos compartir todo elo e seguir medrando xuntos/as como profesionais e como Asociación. Así mesmo, sempre estamos abertos/as a que nos fagades as aportacións que consideredes para tal fin.
Non queremos rematar sen agradecer ás integrantes da Xunta Directiva 2024-2026 que xa non continúan nesta nova lexislatura connosco para agradecerlles o seu traballo e tempo libre adicados á Asociación, xa que contribuíron a que chegaramos a onde estamos hoxe: Yoli, Gemma e Sara, a AGEFEC sempre será a vosa casa.
Seguimos. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.
