loader image

Actualidade / Novas

A AGEFEC asina un acordo de colaboración con Unive Abogados

Dende a AGEFEC informámosvos de que vimos de asinar un acordo de colaboración con Unive Abogados co obxectivo de ofrecer asesoramento xurídico aos nosos socios e socias.

Ao contar con delegación en Galicia, Unive Abogados dispón dun equipo coñecedor e con formación específica na lexislación propia da nosa Comunidade Autónoma, favorecendo así unha atención máis próxima e adaptada ás nosas necesidades.

Grazas a este acordo, os socios e socias poderedes beneficiaros de:

  • Consultas e orientación xurídica gratuíta en calquera ámbito do Dereito.
  • Acceso ao servizo a través da plataforma web de Unive Abogados, mediante a seguinte ligazón.
  • Desconto do 10 % nos honorarios profesionais en caso de contratación de servizos xurídicos (laboral, civil, administrativo, fiscal, protección de datos, etc.), extensible tamén aos familiares directos.

As consultas iniciais serán gratuítas, e calquera actuación profesional posterior realizarase sempre baixo orzamento previo e aceptación expresa por parte da persoa interesada.

Así mesmo, con carácter periódico, recibiredes información e novidades en materia xurídica relacionadas coa nosa especialidade e coa enfermaría de Atención Primaria.

Seguimos traballando por e para vós. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💪🏻💙

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

AGEFEC reclama unha reforma integral do sistema retributivo das enfermeiras de Atención Primaria de Galicia

A AGEFEC considera moi desacertada a proposta de novas dotacións de enfermeiras de familia na Atención Primaria

MECE

Calendario Científico de Enfermaría