loader image

Actualidade / Novas

Acordo de colaboración entre FAECAP e a Confederación de Autismo España

O pasado venres 28 de xuño firmouse un acordo de colaboración entre FAECAP e a Confederación de Autismo España.

O trastorno do espectro do autismo (TEA) é unha condición do neurodesenvolvemento que afecta á configuración do sistema nervioso e ó funcionamento cerebral. As familias son o principal apoio da persoa con TEA, xa que impacta en tódalas persoas que a rodean. Así mesmo, cómpre traballar coa comunidade para favorecer a comprensión doutras realidades e a aceptación das diferenzas.

FAECAP Comprométese a colaborar cos seguintes obxectivos:

  1. Identificación e difusión de boas prácticas na prevención e promoción da saúde física e mental das persoas con TEA.
  2. Consolidación da transferencia estatal dun modelo integral de vixilancia do desenvolvemento evolutivo para a detección precoz do TEA.
  3. Implementación dun sistema estatal de información sobre a situación sociodemográfica, necesidades e calidade de vida das personas con autismo.
  4. Mellora da detección de violencia de xénero en nenas e mulleres con TEA.

Realizando as siguientes actividades:

  1. Diseminar e difundir os resultados logrados no marco do proxecto levado a cabo por Autismo España.
  2. Promover accións de transferencia de coñecemento entre os profesionais da súa organización, desenvolvidas no marco dos proxectos de Autismo España.

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

AGEFEC reclama unha reforma integral do sistema retributivo das enfermeiras de Atención Primaria de Galicia

A AGEFEC considera moi desacertada a proposta de novas dotacións de enfermeiras de familia na Atención Primaria

MECE

Calendario Científico de Enfermaría