loader image

Actualidade / Novas

AGEFEC estrea nova web

Santiago de Compostela, a 8 de Setembro do 2015

Despois dun duro traballo neste verán, comprácenos presentarvos dende a Xunta Directiva a nova páxina web da AGEFEC, que segue aloxada na mesma dirección: www.agefec.org

web2Esta actualización da nosa web corporativa levada a cabo por Pululart, cumpre os obxectivos que nos marcamos ao comezo no seu deseño, unha páxina cun deseño claro, limpo, moi navegable, adaptable a todo tipo de soporte (pc, tablet, móbil…), así como con novos contidos actualizados.

O mundo virtual é o presente, tanto a nivel profesional como persoal. Para os nosos pacientes tamén. É por elo  que temos que medrar neste espazo con proxectos específicos para estar alí onde están os nosos pacientes, como boas Enfermeiras/os de Familia e Comunitarias/os.

Por último, aproveitamos para convidarvos a seguirnos nas redes sociais, a través da páxina de Facebook (www.facebook.com/agefec) e o perfil de Twitter (http://twitter.com/agefec), o que nos permitirá ter unha maior interacción e axudarvos a estar mellor informados das nosas últimas publicacións e novidades, así como de outras fontes de interese.

Agardamos que vos guste.

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

MECE

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días