loader image

Actualidade / Novas

Galicia posiciónase como a quinta comunidade autónoma con máis prazas ofertadas para formación de especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria

logo_agefec_100pxPublicada no BOE de 17 de setembro de 2014, a Orde SSI/1674/2014 de 10 de setembro, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas para o acceso no ano 2015, a prazas de formación sanitaria especializada.

Tras esta nova convocatoria, Galicia situase como a cuarta Comunidade Autónoma con máis prazas acreditadas e a quinta con maior número de prazas ofertadas por detrás da Comunidade de Madrid, Cataluña, Castela e León e a Comunidade Valenciana.

Dende o ano 2011 ofértanse en Galicia prazas de Enfermeira/o Interno Residente (EIR) en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Neste primeiro ano, acreditáronse 10 prazas, das cales se ofertarían 4, dúas na Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria (UDMAFeC) de A Coruña e outras dúas na UDMAFeC de Ferrol. Dende esta data a oferta non deixou de aumentar, multiplicándose o número de prazas no ano 2012 e acreditando no 2013 a Unidade Docente Multiprofesional de Pontevedra.

Actualmente en Galicia contamos con catro Unidades Docentes Multiprofesionais de Atención Familiar e Comunitaria, trala recente acreditación da UDMAFeC de Vigo, ofertándose polo tanto, 5 prazas en A Coruña, 4 en Ferrol, 6 en Pontevedra e 4 en Vigo:

 

2015

Unidade Docente Prazas acreditadas Prazas ofertadas
Ferrol 4 4
A Coruña 6 5
Vigo 20 4
Pontevedra 6 6
Lugo Non acreditada
Ourense Non acreditada
Santiago Non acreditada
TOTAL 40

19

 

AGEFEC aposta dende os seus comezos pola enfermaría especialista en Atención Primaria, e traballa pola acreditación de tódalas Unidades Docentes de Medicina Familiar e Comunitaria da nosa Comunidade Autónoma en Multiprofesionais de Atención Familiar e Comunitaria e que se poidan ofertar un maior número de prazas formativas sen perder garantías de calidade na súa formación.

Pero aínda queda un gran reto por acadar e no que AGEFEC está a poñer todo o seu esforzo, como é a inserción laboral dos actuais e futuros especialistas no Servizo Galego de Saúde que esperamos que se poida acadar ao longo do 2016 coa preceptiva creación da categoría profesional, e que se convoque a proba de acceso a especialidade pola vía excepcional para así garantir que na Atención Primaria traballen os profesionais coas competencias específicas para este ámbito profesional.

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días

Novo diploma estatal para o recoñecemento das competencias das titoras e titores de FSE