loader image

Actualidade / Novas

Aumento de número de prazas EIR de EFeC para Galicia na convocatoria deste ano

Publicada no B.O.E. do día 23 a oferta de prazas de formación das especialidades de enfermaría para a convocatoria 2013-2014 (http://boe.es/boe/dias/2013/09/23/pdfs/BOE-A-2013-9825.pdf).

Galicia oferta 14 prazas para a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Non é o número de prazas que nos gustaría, pero debemos estar moderadamente satisfeitos. Detrás destes números hai un traballo importante de moitos profesionais para acadar a acreditación de Unidades Docentes e no que tamén AGEFEC aportou o seu grao de area.

Esperamos que na próxima convocatoria se acade a acreditación da maioría das UU.DD. de toda a Comunidade Autónoma e deste xeito poder ofertas un maior número de prazas.
Quedan outros retos por conseguir como son:

  • A convocatoria para acadar o título de especialista pola vía excepcional, que levamos anos esperando os mais de 30.000 enfermeiros e enfermeiras de todo o Estado.
  • A creación da categoría profesional de Enfermeiro/a especialista en EFeC e a inserción laboral dos especialistas, unha vez rematada a súa formación.

Con este motivo estase a organizar unha “XORNADA POLA ESPECIALIDADE” , que se vai celebrar en Madrid probablemente no segundo trimestre do vindeiro ano e na que deberíamos estar todos para que a nosa voz sexa escoitada no Ministerio.

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

AGEFEC reclama unha reforma integral do sistema retributivo das enfermeiras de Atención Primaria de Galicia

A AGEFEC considera moi desacertada a proposta de novas dotacións de enfermeiras de familia na Atención Primaria

MECE

Calendario Científico de Enfermaría