loader image

Actualidade / Novas

17 de Maio, día mundial da Hipertensión Arterial (HTA)

  • A HTA é unha enfermidade cunha alta taxa de prevaleza e un dos principais motivos de consulta.
  • Unha adecuada educación, información e auto- seguimento da presión arterial (PA) polo propio paciente pode favorecer a súa adherencia, mellorando desta forma o control da mesma.   

 

O día mundial da Hipertensión Arterial (HTA) conmemórase todos os anos o 17 de Maio. Esta enfermidade crónica constitúe o primeiro motivo de consulta en Atención Primaria (AP) e un dos principais problemas de saúde pública en países desenrolados.

A importancia da HTA  débese a súa  elevada prevaleza na poboación xeral afectando a case 14 millóns de  persoas en España (un 40% da poboación xeral adulta) e a súa influenza sobre o risco cardiovascular, podendo ocasionar á larga serias consecuencias sobre a saúde, como son as complicacións cardíacas ou renais  entre outras.

O papel da enfermaría Familiar e Comunitaria  de AP na prevención, detección e tratamento da Hipertensión Arterial, así como dos factores de risco cardiovascular é fundamental, xa que este nivel constitúe a porta de entrada do paciente e o seu primeiro contacto coa enfermidade.

Dende a consulta de enfermaría participamos en campos de investigación clínica, no diagnóstico do paciente hipertenso e a súa abordaxe multifactorial, na anamneses dos efectos secundarios e na educación sanitaria para modificar os hábitos de vida prexudiciais.

As estratexias terapéuticas baseadas nos cambios dos estilos de vida son a base do tratamento da HTA, axudando ao seu control en pacientes  xa diagnosticados e retrasando ou evitando a súa aparición nos non hipertensos.

Polo tanto, coma o principal obxectivo do tratamento do paciente hipertenso é conseguir a maior redución posible da morbilidade  e mortalidade, debemos de promocionar o autocoidado do individuo, proporcionándolle os coñecementos necesarios para un adecuado manexo da súa enfermidade, realizando estas intervencións dende as consultas de enfermaría familiar.

 

Clara Pardo Crego

Enfermera Interna Residente de Enfermería Familiar e Comunitaria

Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC)

Buscador

Secciones

Etiquetas

Publicaciones recientes

MECE

Calendario Científico de Enfermaría

Achegas da AGEFEC ao proxecto de modificación do decreto 134/2019

Minipílula GT Paliativos: Situación de últimos días