Xornadas AGEFEC 2026
Benvida de residentes e Asemblea de socios/as
As Xornadas AGEFEC 2026 nacen co obxectivo de crear un espazo de encontro, benvida e participación para as enfermeiras e enfermeiros de Atención Primaria, incorporando tamén ás novas residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria que comezan o seu percorrido na especialidade.
Nun contexto de transformación e fortalecemento da Atención Primaria, estas xornadas pretenden ser tamén un punto de unión entre profesionais, favorecendo o intercambio de experiencias, a reflexión compartida e o sentimento de pertenza a unha especialidade clave para o presente e o futuro do sistema sanitario.
A través dun formato próximo e participativo, abordaranse cuestións centrais da práctica clínica diaria, poñendo o foco na comunicación clínica, na abordaxe de situacións complexas e no valor dos coidados enfermeiros no ámbito comunitario.
Desde AGEFEC queremos que esta xornada sexa tamén unha mostra do compromiso colectivo coa defensa e promoción da Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia.
