loader image

Política de Cancelación e Devolucións

Política de Cancelación e Devolucións

De conformidade co disposto na normativa vixente en materia de consumidores e usuarios, en particular no Real Decreto Lexislativo 1/2007, as solicitudes de cancelación da inscrición ao IX Congreso da AGEFEC deberán ser comunicadas por e-mail á entidade organizadora, a través das canles habilitadas para tal efecto (secretariatecnica@agefec.org ou formulario de contacto da web da AGEFEC).

  1. Condicións de cancelación

    1. As cancelacións efectuadas cunha antelación superior a trinta (30) días natu-rais respecto da data de peche das inscricións darán dereito á devolución, des-contados os gastos ocasionados na xestión da inscrición e cancelación (secreta-ría técnica e comisións bancarias).

    2. As cancelacións efectuadas dentro dos trinta (30) días naturais previos á data de peche das inscricións darán dereito á devolución, á que se lle restará un 25% do abonado previamente.

    3. Non procederá devolución ningunha no caso de cancelacións realizadas den-tro dos sete (7) días naturais anteriores á data de peche das inscricións.

    4. Unha vez comezado o evento, tampouco se realizarán devolucións.

No IX Congreso da AGEFEC, a data de 30 días naturais corresponde ao 23/09/2026. O peche das inscricións será o 23/10/2026.

O IX Congreso da AGEFEC comezará o 30/10/2026.

  1. Supostos de forza maior

Non obstante o anterior, naqueles casos nos que concorran circunstancias de forza maior debidamente acreditadas, a entidade organizadora poderá acordar, logo dunha valoración individualizada, a devolución correspondente aos gastos de formación, excluído os de secretaría técnica, comisións bancarias e cátering.

Para os efectos da presente política, consideraranse, entre outros, supostos de forza maior:

  • Enfermidade ou incapacidade temporal da persoa inscrita que imposibilite a súa asistencia.

  • Incidencias graves nos medios de transporte que imposibiliten a asistencia ao evento.

A entidade organizadora resérvase o dereito de solicitar canta documentación xustificativa estime oportuna para a acreditación das devanditas circunstancias.

Cambios de titular da inscrición

Permitiranse cambios de nome desde os 30 días naturais antes do congreso ata os 7 días previos ao mesmo, previa comunicación por e-mail e achega dos datos da nova persoa participante.

En tal caso, só se permitirá un cambio de titular por inscrición.

No IX Congreso da AGEFEC, a data de 30 días naturais corresponde ao 23/09/2026. O peche das inscricións será o 23/10/2026, no que xa non se permi-tirán cambios de titular.

  1. Procedemento de devolución

As devolucións que, no seu caso, procedan efectuaranse empregando o mesmo medio de pagamento utilizado pola persoa inscrita, nun prazo máximo de trinta

(30) días naturais desde a aceptación da solicitude de cancelación.