loader image
Curso para EIR · 30 horas · 6 semanas

Iniciación ás actividades preventivas en Atención Primaria para residentes

Formación en liña dirixida a residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Formación práctica e baseada na evidencia para integrar na consulta as principais actividades preventivas, cun enfoque centrado na persoa, na equidade, na decisión compartida e na prevención cuaternaria.

Residentes EIR de Enfermaría Familiar e Comunitaria Aula Virtual AGEFEC Aprendizaxe aplicada á consulta

Curso avalado por:

AGEFEC — Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria
FAECAP — Federación de Asociaciones de Enfermería Familiar y Comunitaria

Un curso pensado para a práctica real

O programa aborda a prevención vascular, os estilos de vida, os cribados, a inmunización e a prevención centrada na persoa maior. O alumnado traballará con situacións habituais da Atención Primaria, recursos interactivos e casos prácticos.

Obxectivos

  • Identificar oportunidades preventivas na consulta.
  • Priorizar segundo risco, idade, contexto e preferencias.
  • Aplicar recomendacións baseadas na evidencia.
  • Integrar comunicación breve e decisión compartida.

Metodoloxía

  • Modalidade b-learning con predominio asíncrono.
  • Contidos web, materiais audiovisuais e autoavaliacións.
  • Casos prácticos vinculados á actividade asistencial.
  • Foros, titorización e sesións síncronas de apoio.

Requisitos de superación

  • Realizar a enquisa inicial e participar no foro de presentación.
  • Visualizar os contidos e completar as autoavaliacións.
  • Realizar os casos prácticos e as probas de avaliación.
  • Acadar unha cualificación mínima de 7 sobre 10.

Datas e duración

Inicio do curso 1 de outubro de 2026
Finalización do curso 17 de novembro de 2026
30 hDuración total
6Semanas de formación
EIREdición dirixida a residentes

Avaliación

30 %Exames parciais
40 %Casos prácticos
30 %Exame final

Nos exames parciais e no exame final haberá dous intentos e conservarase a cualificación máis alta. Para obter a cualificación de APTO será necesario cumprir os requisitos obrigatorios e acadar unha nota mínima de 7/10.

Certificación

O alumnado que supere o curso obterá un certificado de aproveitamento correspondente a 30 horas de formación.

Segundo a normativa vixente, o persoal residente en formación sanitaria especializada non poderá obter créditos de formación continuada. Esta circunstancia farase constar no certificado correspondente.

Profesorado

ACG
Álvaro Carrera GarcíaDirección académica
MGF
María González FondadoDocente
LCO
Leticia Carral OteroDocente
VAB
Vanesa Álvarez BesadaDocente
Nome e apelidos
DNI
Asociados
Os campos marcados con (*) son obligatorios
Tratamento de datos
Autorización de contacto
🔒 Información básica sobre protección de datos
Responsable

Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC)

Finalidade

Xestión da inscrición, comunicación relacionada coa actividade e xestión administrativa asociada.

Lexitimación

Consentimento da persoa interesada e relación derivada da inscrición.

Destinatarios

Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal ou consentimento expreso.

Dereitos

Acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade dos datos.

Máis información

Consulta a nosa Política de Privacidade .