
Desde o Comité Organizador e Comité Científico comprácenos anunciar a celebración do IX Congreso de AGEFEC, escollendo como sede desta edición a cidade de Ourense.
A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, constituída en 2007 como entidade científica e profesional sen fins lucrativos, continúa o seu compromiso firme co avance e a consolidación da Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia.
Este ano, baixo o lema “Enfermaría que evoluciona, unha ponte cara á saúde”, queremos poñer en valor a transformación constante da nosa profesión e o seu papel na saúde da comunidade.
Nesta ocasión, quixemos involucrar aínda máis a quen a fai posible: os socios e socias de AGEFEC. Por iso, a súa opinión e intereses foron o eixo central para o desenvolvemento das temáticas das mesas e obradoiros que constitúen este congreso.
Será unha magnífica oportunidade para reunir ás enfermeiras e enfermeiros comprometidos coa atención primaria, co propósito de intercambiar experiencias, actualizar coñecementos e fomentar a innovación.
Desde AGEFEC convidámosvos a participar neste IX Congreso da Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria que se celebrará en Ourense o 30 e 31 de outubro de 2026.
Un cordial saúdo.
Comité Organizador e Comité Científico
Evento recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, número de expediente: SA301A 2026/2-3
Evento recoñecido como Código Ético da Industria de Tecnoloxía Sanitaria – FENIN. Máis información en: Ligazón FENIN
Congreso declarado de interese científico polo “Consejo General de Colegios Oficiales de Enfermería de España“: Declaración de interese científico

COMITÉ ORGANIZADOR
ANDREA MIRANDA ALVES
Presidenta comité organizador
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
CS Trasmiras (Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).
RAQUEL MERA AMOEDO
Presidenta comité organizador
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
CS Valle Inclán (Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).
ANDREA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Vogal de comunicación e redes sociais da AGEFEC.
Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
YOLANDA RODRÍGUEZ VIEIRA
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
CS Betanzos. Área Sanitaria da Coruña e Cee.
COMITÉ CIENTÍFICO
ADRIÁN VENCES GARRIDO
Presidente do comité científico.
Graduado en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster
en metodoloxía da investigación en saúde pola Universidade internacional da Rioxa
(UNIR). Editor da revista da Federación de Asociacións de Enfermaría Familiar e
Comunitaria (FAECAP). Vicepresidente 1º da AGEFEC. Área Sanitaria de
Santiago de Compostela e Barbanza.
MIGUEL ÁNGEL CARREIRO ALONSO
Doutor en Enfermaría. Especialista en Familia e Comunitaria. Profesor Axudante
Doutor no Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Salud Pública, Enfermaría e
Medicina (USC).
VANESA ROJO AMIGO
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster
en Asistencia Sanitaria e Investigación Clínica pola UDC. Titora de residentes de
enfermaría Familiar e Comunitaria. CS Os Rosales. Área Sanitaria A Coruña e Cee.
MARÍA AMOSA SERTO
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria. Tesoureira da AGEFEC. Membro
do grupo de traballo de Saúde Pública da AGEFEC. CS Teo-Cacheiras. Área Sanitaria
de Santiago de Compostela e Barbanza.
ÁNXELA SOTO RODRÍGUEZ
Graduada en enfermaría. Doutora pola Universidade de Vigo. Máster en
Investigación en Ciencias da saúde e do Deporte. Axudante Doutor na Facultade de
Ciencias da saúde da Universidade de San Jorge. Área Sanitaria de Ourense, Verín e
O Barco de Valdeorras.
XOSE LUIS ÁLVAREZ PRIETO
Diplomado en enfermaría. Experto universitario en Enfermaría Comunitaria.
Especialista en promocion da saúde mental enfermaría. Postgrado en enfermaría
xeronto-xeriátrica na atención primaria. Curso superior de desenvolvemento
directivo en enfermaria. Monitor para soporte vital básico e desfibrilación
semiautomática. Máster en Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios.
EXPOURENSE
Fundación Feiras e Exposicións de Ourense
Finca Sevilla s/n. 32005, Ourense.
Obradoiro 1: Ferramentas dixitais de apoio na consulta de AP.
Daniel Simón Valero. Enfermeiro, consultor en IA xerativa e coordinador do Nodo de Innovación da Área Sanitaria de Vigo.Especializado en transformación dixital, teleseguimento e aplicación da intelixencia artificial ao ámbito sanitario
Obradoiro 2: Abordaxe da violencia de xénero en AP.
María del Mar González Fernández-Conde. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria e matrona, con ampla traxectoria en Atención Primaria e prevención da violencia de xénero. Referente nacional neste ámbito, participa en estratexias, grupos de traballo e actividades docentes relacionadas coa prevención e abordaxe da violencia de xénero e a saúde afectivo-sexual.
Obradoiro 3: Vendaxe compresiva.
Carmen Alba Moratilla. Enfermeira experta en feridas complexas e terapia compresiva, con ampla experiencia en coidados avanzados de feridas e patoloxía vascular. Desenvolve actividade docente e asesora especializada en vendaxe compresiva e integridade cutánea.
Obradoiro 4: Colaboración sociosanitaria en mapeo de activos.
Uxía Rey Lamas. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster en Xestión e Liderado Enfermeiro. Experto Universitario en Educación Terapéutica en Diabetes. Centro de Saúde de Vite. Área sanitaria de Santiago e Barbanza. Coordinadora do Grupo de Traballo de Estilos de Vida Saudables da AGEFEC.
Carla Miranda Iglesias . Graduada en Traballo Social pola USC con especialización en prevención e sensibilización das violencias sexuais e de xénero pola Universidade do Rei Xoán Carlos. Responsable de proxectos e de promoción da igualdade Federación Dano Cerebral Galicia.
Enfermaría, confianza, evidencia, equipo e acción: Campañas que deixan pegada
Verónica Civeira Pérez. Subdirectora de enfermaría de atención primaria na Área Sanitaria de
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, enfermeira especialista en enfermaría familiar e
comunitaria con formación en xestión, atención integral ao paciente crónico, formación
ocupacional e actual doctoranda no programa de investigación clínica da USC. Coordinadora de
campañas e equipos de vacunación na súa área sanitaria dende o 2020 ata a actualidade.
Patrocinado por Pfizer.
Obradoiro 1: Ferramentas dixitais de apoio na consulta de AP.
Daniel Simón Valero. Enfermeiro, consultor en IA xerativa e coordinador do Nodo de Innovación da Área Sanitaria de Vigo.Especializado en transformación dixital, teleseguimento e aplicación da intelixencia artificial ao ámbito sanitario
Obradoiro 2: Abordaxe da violencia de xénero en AP.
María del Mar González Fernández-Conde. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria e matrona, con ampla traxectoria en Atención Primaria e prevención da violencia de xénero. Referente nacional neste ámbito, participa en estratexias, grupos de traballo e actividades docentes relacionadas coa prevención e abordaxe da violencia de xénero e a saúde afectivo-sexual.
Obradoiro 3: Vendaxe compresiva.
Carmen Alba Moratilla. Enfermeira experta en feridas complexas e terapia compresiva, con ampla experiencia en coidados avanzados de feridas e patoloxía vascular. Desenvolve actividade docente e asesora especializada en vendaxe compresiva e integridade cutánea.
Obradoiro 4: Colaboración sociosanitaria en mapeo de activos.
Uxía Rey Lamas. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster en Xestión e Liderado Enfermeiro. Experto Universitario en Educación Terapéutica en Diabetes. Centro de Saúde de Vite. Área sanitaria de Santiago e Barbanza. Coordinadora do Grupo de Traballo de Estilos de Vida Saudables da AGEFEC.
Carla Miranda Iglesias . Graduada en Traballo Social pola USC con especialización en prevención e sensibilización das violencias sexuais e de xénero pola Universidade do Rei Xoán Carlos. Responsable de proxectos e de promoción da igualdade Federación Dano Cerebral Galicia.
Moderadora: Elena Isla Sánchez
Raúl Espada Menor. Traballador social e educador social, con experiencia no acompañamento a persoas dependentes, coidadoras e pacientes con enfermidades crónicas e neurodexenerativas. Desenvolve a súa actividade en ASCUDEAN, centrada no apoio social e na mellora da calidade de vida das persoas coidadoras.
Aida Gámez Lloret. Dietista e creadora de contido especializada en diabetes tipo 1. Desenvolve labores de divulgación, educación e apoio a persoas con diabetes e ás súas familias, promovendo hábitos saudables e visibilidade da enfermidade a través das redes sociais.
María del Mar Cruz Gutiérrez e Patricia Roa Díez. Enfermeiras integrantes do equipo coordinador do Programa Pacient Actiu das Illas Baleares. Expertas en educación para a saúde, formación de pacientes activos e desenvolvemento de programas de participación e autocuidado en Atención Primaria.
Moderadora: Belén López Vázquez
Daniel Marcos Esmorís Arranz. Enfermeiro de Atención Primaria con experiencia en insuficiencia cardíaca e cardioloxía hospitalaria. Participa en actividades docentes e formativas relacionadas coa detección precoz e manexo da insuficiencia cardíaca.
Domingo Damián Rodríguez Paz. Enfermeiro especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, con experiencia en enfermidade renal crónica e diálise. Participa en proxectos de innovación e detección precoz da ERC no SERGAS, combinando actividade asistencial e investigadora.
Irene Gamazo Vázquez. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, referente e experta en EPOC. Desenvolve a súa actividade en Atención Primaria, con experiencia en abordaxe da cronicidade respiratoria, cesación tabáquica e formación a profesionais e residentes.
Monitorización continua da glucosa en DM2 con insulina basal: consellos actuáis, beneficios
clínicos e niveis de evidencia
Ana Fernández Conde. Graduada en Enfermaría con máster na atención e educación das persoas
con diabetes. Actualmente enfermeira da consulta de educación diabetolóxica en Ourense, conta
con experiencia de docencia universitaria na Escola de Enfermaría de Ourense así coma en cursos sobre
educación terapéutica en diabetes.
Patrocinado por Abbott.
Moderadora: Yolanda Rodríguez Vieira
Belinda Ínsua Fuentes. Enfermeira especialista en Saúde Mental, con experiencia en intervención intensiva e prevención do suicidio. Combina actividade asistencial, docente e divulgativa no ámbito da saúde mental e o benestar emocional.
Irene Varela Veiga. Matrona de Atención Primaria experta en saúde da muller, menopausia e lactancia materna. Desenvolve actividade asistencial e comunitaria centrada na educación para a saúde feminina ao longo do ciclo vital.
Emma Enríquez Merayo. Dietista-nutricionista especialista en nutrición clínica e obesidade, con experiencia en consulta de nutrición e Atención Primaria. Participa en actividades de educación para a saúde e abordaxe nutricional da menopausia e saúde da muller.
Pneumococo no adulto: cando cada serotipo conta.
Álvaro Carrera García. Enfermeiro especialista en familiar e comunitaria. Titor EIR. Participa como formador na docencia de diversos cursos relacionados co ámbito da vacinación e coordina o grupo de traballo
de Saúde Pública da AGEFEC.
Patrocinado por MSD.
Moderadora: Elena Rodríguez Penín
Rubén Molina Carrillo. Enfermeiro experto en feridas complexas e terapia compresiva, con ampla experiencia en Atención Primaria e coidados avanzados de lesións vasculares e pé diabético. Presidente da Asociación Española de Compresión Terapéutica (AECOMT) e docente en múltiples programas de formación especializada en feridas.
María Piñón Vila. Dietista-nutricionista especializada en nutrición clínica e atención á persoa crónica, con experiencia en Atención Primaria e educación nutricional. Desenvolve actividade asistencial, docente e divulgativa no ámbito da alimentación, saúde e prevención.
Estela Sánchez Rodríguez. Traballadora social dos Servizos Sociais Comunitarios de Portomarín, con experiencia na atención a persoas dependentes e na coordinación do Servizo de Axuda no Fogar. Desenvolve a súa actividade no ámbito comunitario, promovendo a atención integral e o apoio sociosanitario ás persoas con necesidades de coidados.
Recursos e ferramentas para a investigación.
Mª Guadalupe Fontan Vinagre. – Coordinadora na Fundación Instituto Español de Investigación
Enfermera, graduada en Enfermaría, con diferentes másteres en xestión e doutorada en
dereito e ciencias sociais. Conta con ampla experiencia como docente e directora de masteres
en investigación.
Consejo General de Colegios de Enfermería de España.
Poderán presentarse traballos relacionados coa Enfermaría Familiar e Comunitaria, en calquera área temática e con metodoloxía cuantitativa, cualitativa ou mixta.
As comunicacións poderán presentarse en dúas modalidades:
Galego ou Castelán.
O envío realizarase exclusivamente a través dos formularios oficiais da web do Congreso. Unha vez enviado, o resumo considérase definitivo (ver excepción de “segunda oportunidade” no punto 11).
O Comité Científico poderá reclasificar unha comunicación (oral↔póster) ou o bloque metodolóxico por razóns científicas ou organizativas. Notificarase ao interlocutor/a.
A aceptación do resumo é condicionada e quedará validada cando se xustifique o pago da inscrición nos 10 días posteriores á notificación.
Ante erros de anonimización, formato ou faltas de partes esenciais, ofrecerase un único novo envío no prazo que se indique na notificación. As faltas ortográficas penalizan a puntuación, pero non motivan novo envío.
Todos os traballos serán avaliados mediante un sistema de revisión por pares, asignando dous revisores/as independentes a cada resumo ou traballo completo.
As comunicacións serán avaliadas polo Comité Científico segundo o baremo público. As decisións serán firmes e non recorribles.
As Comunicacións aceptadas polo Comité Científico pasarán a formar parte das Actas do Congreso. Todos os/as autores/as con Comunicacións aceptadas AUTORIZAN de forma implícita, a súa publicación nos medios que AGEFEC considere mais axeitados para a divulgación das mesmas. Os/as autores/as conservan os dereitos de copyright pero autorizan a súa publicación gratuíta.
Traballos presentados por membros do Comité Científico, do Comité Organizador ou da Xunta Directiva de AGEFECnon poderán optar a premio.
É responsabilidade dos/as autores/as garantir o cumprimento ético (consentimentos, confidencialidade, comité de ética se procede) e a protección de datos vixente.
O uso de imaxes, táboas, figuras ou material alleo require autorización. A organización non se fai responsable de infraccións.
Toda consulta realizarase exclusivamente a través das canles oficiais indicadas na web do Congreso.
Os resumos deberán enviarse mediante o formulario en liña dispoñible na páxina web oficial do Congreso.
Nota: non será necesario o envío de traballo completo nos pósteres, só do póster final.
Os resumos deberán respectar o seguinte formato de presentación:
Os resumos serán avaliados polo Comité Científico mediante un sistema de revisión por pares, tendo en conta os seguintes ítems:
As faltas ortográficas penalizan na puntuación pero non invalidan o resumo.
En caso de discrepancia >3 puntos entre dous revisores, intervirá un terceiro avaliador.
O Comité Científico poderá ponderar a puntuación final en función da orixinalidade do deseño ou temática.
O envío de traballos completos só será necesario para aquelas comunicacións orais que opten a premio. A Secretaría Técnica notificará ao/á primeiro/a autor/a en caso de ser requirido.
A aceptación dun resumo non garante a aceptación do traballo completo. Calquera manuscrito que non respecte a normativa poderá ser rexeitado.
(Máx. 3.000 palabras, con táboas e figuras se procede)
(Máx. 3.000 palabras)
(Máx. 1.500 palabras)
Experiencia innovadora / comunitaria
(Máx. 3.000 palabras)
Os traballos completos que opten a premio serán avaliados mediante un sistema mixto de revisión por pares, con base en ferramentas de lectura crítica internacionalmente recoñecidas e adaptadas ao tipo de estudo.
En caso de discrepancia significativa (>10 puntos) entre revisores, intervirá un terceiro avaliador/a independente.
O Comité Científico elaborará unha acta oficial coas puntuacións e resolución final, asinada por Presidencia e Secretaría Técnica.
As comunicacións aceptadas polo Comité Científico deberán ser presentadas nas modalidades de comunicación oral ou póster científico, segundo corresponda.
A Secretaría Técnica notificará ao/á interlocutor/a a data, hora e lugar da súa defensa.
Nota importante: O incumprimento dos prazos de envío da presentación oral ou do póster definitivo suporá a exclusión da defensa e, no seu caso, da opción a premio.
Co obxectivo de recoñecer e poñer en valor a calidade científica dos traballos presentados, establécese unha estrutura de premios equilibrada entre modalidades de presentación (oral e póster) e bloques metodolóxicos.
A suma total destinada aos premios ascende a 5.000 €, distribuída nos seguintes bloques:
Nesta categoría outorgarase un accesit honorífico ao mellor proxecto de investigación presentado, valorándose a súa calidade metodolóxica, viabilidade e potencial impacto na práctica enfermeira.
Este recoñecemento non levará aparellada dotación económica directa, pero o equipo galardoado disporá do apoio institucional e técnico necesario para o desenvolvemento do estudo, incluíndo:
Este accesit pretende impulsar a investigación enfermeira aplicada, facilitando que proxectos con potencial transformador poidan materializarse con garantías de calidade e rigor científico.
A entrega oficial dos premios realizarase na sesión de clausura do Congreso.
No caso excepcional de que, dentro dunha determinada categoría ou modalidade, ningún traballo acade o nivel de calidade, rigor metodolóxico ou relevancia profesional requirido, o Comité Científico poderá declarar deserto o premio correspondente.
Neste suposto, a categoría quedará sen premio nin dotación económica, sen que poida transferirse ou reasignarse a outras modalidades.
Calquera consulta relacionada coa presentación de traballos, prazos, formatos ou normativa deberá realizarse exclusivamente a través das canles oficiais do Congreso:
Non se atenderán dúbidas formuladas por vías non oficiais (teléfono persoal, mensaxería instantánea, redes sociais…), coa fin de garantir a imparcialidade, a trazabilidade das respostas e a igualdade de trato a todos/as os/as participantes.
O Comité Científico comprométese a dar resposta ás consultas nun prazo máximo de 7 días naturais dende a súa recepción.