
AGEFEC é unha asociación enfermeira científica e profesional fundada o 14 de Febreiro de 2007 sen ánimo de lucro, que vela polo adecuado desenvolvemento da Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia. É algo máis ca unha axencia prestadora de servizos ou que unha asociación defensora de intereses corporativos.
AGEFEC busca sumar esforzos e ilusións. Pretende reunir e representar a todo o colectivo enfermeiro de Atención Primaria e servir de canle para asumir a corresponsabilidade no proceso de mellora e modernización da nosa sanidade.
AGEFEC quere xogar un papel fundamental no desenvolvemento da Enfermaría Familiar e Comunitaria e da Atención Primaria en Galicia, aglutinando aos especialistas en EFeC e demais profesionais de Atención Primaria da nosa comunidade, e asumindo a súa defensa e representación.
AGEFEC está dirixida por unha Xunta Directiva renovable cada dous anos. Articúlase en Seccións (Unidades Docentes e Titores, EIR e Vía Extraordinaria, Formación Continuada, Saúde Pública e Comunitaria) e Grupos de Traballo, coa pretensión de canalizar a máxima participación dos seus asociados.
AGEFEC está integrada na estrutura federal da FAECAP, sociedade que agrupa ás sociedades autonómicas do estado, constituíndo a sociedade científica enfermeira de maior actividade e implantación de todo o estado español.
A mellora profesional a través das distintas actividades é o maior beneficio que o socio pode conseguir da AGEFEC.
Isto pode lograrse a través de: