Obxectivos
- Identificar oportunidades preventivas na consulta.
- Priorizar segundo risco, idade, contexto e preferencias.
- Aplicar recomendacións baseadas na evidencia.
- Integrar comunicación breve e decisión compartida.

Formación en liña dirixida a residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria
Formación práctica e baseada na evidencia para integrar na consulta as principais actividades preventivas, cun enfoque centrado na persoa, na equidade, na decisión compartida e na prevención cuaternaria.
O programa aborda a prevención vascular, os estilos de vida, os cribados, a inmunización e a prevención centrada na persoa maior. O alumnado traballará con situacións habituais da Atención Primaria, recursos interactivos e casos prácticos.
Nos exames parciais e no exame final haberá dous intentos e conservarase a cualificación máis alta. Para obter a cualificación de APTO será necesario cumprir os requisitos obrigatorios e acadar unha nota mínima de 7/10.
O alumnado que supere o curso obterá un certificado de aproveitamento correspondente a 30 horas de formación.
Segundo a normativa vixente, o persoal residente en formación sanitaria especializada non poderá obter créditos de formación continuada. Esta circunstancia farase constar no certificado correspondente.