
Consulta as datas, os contidos, os créditos de formación continuada, o custo e o estado da matrícula de cada actividade.
Consulta individualmente a información e o estado da matrícula de cada curso.
Iniciación ás actividades preventivas na Atención Primaria
Data de inicio
1 de outubro de 2026
Data de fin
17 de novembro de 2026
Curso dirixido a residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria para integrar, de maneira segura, proporcionada e baseada na evidencia, as principais actividades preventivas na práctica da Atención Primaria.
Matrícula reservada exclusivamente para EIR de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
Prezo da matrícula
Socios/as de AGEFEC
50 €
EIR non socios/as
110 €
Atención integral ao paciente con obesidade
Data de inicio
1 de xuño de 2026
Data de fin
1 de xullo de 2026
Consta de tres módulos que exploran a fisioloxía, a epidemioloxía, a clasificación e a etiopatoxenia da obesidade, así como a súa abordaxe terapéutica.
Custo
35 €
Coidados da muller con menopausia
Data de inicio
1 de xuño de 2026
Data de fin
1 de xullo de 2026
Axuda a acadar unha comprensión integral da menopausia, revisando os aspectos psicosociais e físicos e o seu impacto na vida das mulleres, co fin de brindar un apoio efectivo durante este ciclo vital.
Custo
39 €
Coidados paliativos
Data de inicio
1 de xuño de 2026
Data de fin
1 de xullo de 2026
Ofrece a oportunidade de profundar nos coñecementos sobre os coidados paliativos e comprender a importancia da atención integral das persoas e das súas familias en todas as contornas asistenciais.
Custo
42 €
Valoración xeriátrica integral
Data de inicio
1 de xuño de 2026
Data de fin
1 de xullo de 2026
O seu obxectivo é aprender a manexar as distintas ferramentas e escalas de valoración, interpretar os seus resultados, previr o deterioro e manter o máximo grao posible de independencia das persoas maiores.
Custo
48 €
Finalizado o prazo e esgotadas as matrículas
O prazo de preinscrición dos cursos CFC finalizou o 28 de maio de 2026, inclusive. Esta situación non afecta o curso de iniciación ás actividades preventivas, que mantén aberta a matrícula exclusivamente para EIR.