
O Grupo de Traballo de Acción Comunitaria da AGEFEC ten como finalidade principal a elaboración de materiais con calidade investigadora no ámbito da saúde comunitaria, contribuíndo á xeración de coñecemento rigoroso e aplicable á práctica da enfermaría familiar e comunitaria.
O grupo centra a súa actividade no desenvolvemento de ferramentas, documentos e protocolos baseados na evidencia que permitan mellorar o deseño, implementación e avaliación das intervencións comunitarias. Neste contexto, trabállase na análise e unificación de criterios e metodoloxías, co obxectivo de facilitar actuacións máis estruturadas, comparables e eficientes nos distintos ámbitos asistenciais.
Obxectivo xeral:
Xerar coñecemento rigoroso no ámbito da acción comunitaria mediante o desenvolvemento de materiais con calidade investigadora aplicables á práctica enfermeira.
Obxectivos específicos:
Elaborar documentos, ferramentas e protocolos baseados na evidencia que permitan deseñar, implementar e avaliar intervencións comunitarias.
Promover a análise, estandarización e difusión de metodoloxías de traballo en acción comunitaria que melloren a calidade e comparabilidade das intervencións.
Adaptar os coñecementos teóricos da atención á comunidade á práctica asistencial.
Graduada en enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Communitaria UDMAFeC Ourense.
Máster asistencia e investigación sanitaria pola Universidade da Coruña. Experta Universitaria en Saúde Pública e Pandemias.
Referente en saúde comunitaria Área Sanitaria A Coruña e Cee. Traballa como enfermeira especialista en enfermaría familiar e comunitaria nesa Área Sanitaria.
Enfermeira Especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria, con experiencia en atención primaria, saúde comunitaria e cooperación internacional. Graduada en Enfermería pola Universidade de Vigo e con formación en enfermería escolar, labor asistencial no Centro de Saúde de Chandrexa de Queixa. Participei en proxectos de saúde en Guinea-Bissau e conto con publicacións e comunicacións científicas en congresos nacionais e internacionais.
Enfermeiro especialista en Familiar e Comunitaria en Ferrol, con especial interese na educación terapéutica en diabetes e na saúde comunitaria. Titor EIR e colaborador docente do grao de Enfermaría, foi profesor asociado na Facultade de Enfermaría de Ferrol (2021-2023).