loader image

Xunta Directiva

AGEFEC

Xunta Directiva 2026-2028

A Xunta Directiva da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria está formada por profesionais comprometidas co desenvolvemento da especialidade, a formación continuada, a investigación, a comunicación e a defensa da Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia.

Dª. Belén González Martínez, presidenta da AGEFEC

Dª. Belén González Martínez

Presidenta

Representa institucionalmente a AGEFEC, coordina a actividade da Xunta Directiva e lidera as liñas estratéxicas da asociación.

Dª. Leticia Carral Otero, vicepresidenta primeira da AGEFEC

Dª. Leticia Carral Otero

Vicepresidenta 1ª

Apoia á Presidencia na coordinación xeral da entidade e asume funcións de representación cando resulta necesario.

D. Adrián Vences Garrido, vicepresidente segundo de investigación, desenvolvemento e innovación

D. Adrián Vences Garrido

Vicepresidente 2º. Investigación, desenvolvemento e innovación

Impulsa a investigación, o desenvolvemento e a innovación, promovendo proxectos baseados na evidencia e orientados ao avance profesional.

Dª. Belén López Vázquez, secretaria da AGEFEC

Dª. Belén López Vázquez

Secretaria

Xestiona a documentación oficial, elabora as actas das reunións e mantén actualizados os rexistros da asociación.

Dª. María Amosa Serto, tesoureira da AGEFEC

Dª. María Amosa Serto

Tesoureira

Supervisa a xestión económica da entidade, realiza o seguimento de ingresos e gastos e colabora na elaboración dos orzamentos.

Dª. Andrea Fernández Rodríguez, vogal de comunicación e redes sociais

Dª. Andrea Fernández Rodríguez

Vogal de comunicación e redes sociais

Coordina a comunicación da asociación, dinamiza a presenza en redes sociais e apoia a difusión das actividades, novas e proxectos de AGEFEC.

Dª. Elena Isla Sánchez, vogal de páxina web

Dª. Elena Isla Sánchez

Vogal de páxina web

Coordina a actualización da páxina web, a organización dos contidos dixitais e a mellora da comunicación online da entidade.

Dª. Lucía Ínsua Lago, vogal de grupos de traballo

Dª. Lucía Ínsua Lago

Vogal de grupos de traballo

Apoia a coordinación dos grupos de traballo, favorecendo a participación e o seguimento das súas actividades.

Dª. Beatriz María Torres Corral, vogal de formación continuada

Dª. Beatriz María Torres Corral

Vogal de formación continuada

Participa na planificación e desenvolvemento de actividades formativas, promovendo a actualización profesional e a formación continuada.

Dª. Mónica Carazo García, vogal de promoción da especialidade

Dª. Mónica Carazo García

Vogal de promoción da especialidade

Impulsa accións de visibilización e recoñecemento da Enfermaría Familiar e Comunitaria, promovendo o desenvolvemento real da especialidade.

Dª. Ana Balsa Souto, vogal de desenvolvemento e avance profesional

Dª. Ana Balsa Souto

Vogal de desenvolvemento e avance profesional

Promove iniciativas orientadas ao desenvolvemento profesional, á mellora competencial e ao avance da Enfermaría Familiar e Comunitaria.

AGEFEC continúa traballando para fortalecer a Enfermaría Familiar e Comunitaria, promover a participación das socias e socios e impulsar proxectos de valor para a Atención Primaria galega. A AGEFEC é necesaria. Somos necesarios e necesarias.