loader image

Congreso

IX Congreso AGEFEC

Outubro 30, 2026
Outubro 31, 2026

Desde o Comité Organizador e Comité Científico comprácenos anunciar a celebración do IX Congreso de AGEFEC, escollendo como sede desta edición a cidade de Ourense.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, constituída en 2007 como entidade científica e profesional sen fins lucrativos, continúa o seu compromiso firme co avance e a consolidación da Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia.

Este ano, baixo o lema “Enfermaría que evoluciona, unha ponte cara á saúde”, queremos poñer en valor a transformación constante da nosa profesión e o seu papel na saúde da comunidade.

Nesta ocasión, quixemos involucrar aínda máis a quen a fai posible: os socios e socias de AGEFEC. Por iso, a súa opinión e intereses foron o eixo central para o desenvolvemento das temáticas das mesas e obradoiros que constitúen este congreso.

Será unha magnífica oportunidade para reunir ás enfermeiras e enfermeiros comprometidos coa atención primaria, co propósito de intercambiar experiencias, actualizar coñecementos e fomentar a innovación.

Desde AGEFEC convidámosvos a participar neste IX Congreso da Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria que se celebrará en Ourense o 30 e 31 de outubro de 2026.

Un cordial saúdo.

Comité Organizador e Comité Científico

Evento recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, número de expediente: SA301A 2026/2-3

Evento recoñecido como Código Ético da Industria de Tecnoloxía Sanitaria – FENIN. Máis información en: Ligazón FENIN

Congreso declarado de interese científico polo “Consejo General de Colegios Oficiales de Enfermería de España“: Declaración de interese científico

COMITÉ ORGANIZADOR

ANDREA MIRANDA ALVES
Presidenta comité organizador
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
CS Trasmiras (Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).

RAQUEL MERA AMOEDO
Presidenta comité organizador
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
CS Valle Inclán (Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).

ANDREA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Vogal de comunicación e redes sociais da AGEFEC.
Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

YOLANDA RODRÍGUEZ VIEIRA
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
CS Betanzos. Área Sanitaria da Coruña e Cee.

 

COMITÉ CIENTÍFICO

ADRIÁN VENCES GARRIDO
Presidente do comité científico.
Graduado en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster
en metodoloxía da investigación en saúde pola Universidade internacional da Rioxa
(UNIR). Editor da revista da Federación de Asociacións de Enfermaría Familiar e
Comunitaria (FAECAP). Vicepresidente 1º da AGEFEC. Área Sanitaria de
Santiago de Compostela e Barbanza.

MIGUEL ÁNGEL CARREIRO ALONSO
Doutor en Enfermaría. Especialista en Familia e Comunitaria. Profesor Axudante
Doutor no Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Salud Pública, Enfermaría e
Medicina (USC).

VANESA ROJO AMIGO
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster
en Asistencia Sanitaria e Investigación Clínica pola UDC. Titora de residentes de
enfermaría Familiar e Comunitaria. CS Os Rosales. Área Sanitaria A Coruña e Cee.

MARÍA AMOSA SERTO
Graduada en enfermaría, especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria. Tesoureira da AGEFEC. Membro
do grupo de traballo de Saúde Pública da AGEFEC. CS Teo-Cacheiras. Área Sanitaria
de Santiago de Compostela e Barbanza.

ÁNXELA SOTO RODRÍGUEZ
Graduada en enfermaría. Doutora pola Universidade de Vigo. Máster en
Investigación en Ciencias da saúde e do Deporte. Axudante Doutor na Facultade de
Ciencias da saúde da Universidade de San Jorge. Área Sanitaria de Ourense, Verín e
O Barco de Valdeorras.

XOSE LUIS ÁLVAREZ PRIETO
Diplomado en enfermaría. Experto universitario en Enfermaría Comunitaria.
Especialista en promocion da saúde mental enfermaría. Postgrado en enfermaría
xeronto-xeriátrica na atención primaria. Curso superior de desenvolvemento
directivo en enfermaria. Monitor para soporte vital básico e desfibrilación
semiautomática. Máster en Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios.

Localización da sede:

Dirección:

EXPOURENSE

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense

Finca Sevilla s/n. 32005, Ourense.

Novidade Congreso 2026: a inscrición inclúe dous dos catro obradoiros. No apartado de inscrición poderás seleccionalos por orde de preferencia.

Programa científico

Venres 30 de outubro

09:30h
Rexistro e entrega de documentación
10:00–10:15h
Mesa de benvida
10:15–12:15h
Obradoiros simultáneos

Obradoiro 1: Ferramentas dixitais de apoio na consulta de AP.
Daniel Simón Valero. Enfermeiro, consultor en IA xerativa e coordinador do Nodo de Innovación da Área Sanitaria de Vigo.Especializado en transformación dixital, teleseguimento e aplicación da intelixencia artificial ao ámbito sanitario

Obradoiro 2: Abordaxe da violencia de xénero en AP.
María del Mar González Fernández-Conde. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria e matrona, con ampla traxectoria en Atención Primaria e prevención da violencia de xénero. Referente nacional neste ámbito, participa en estratexias, grupos de traballo e actividades docentes relacionadas coa prevención e abordaxe da violencia de xénero e a saúde afectivo-sexual.

Obradoiro 3: Vendaxe compresiva.
Carmen Alba Moratilla. Enfermeira experta en feridas complexas e terapia compresiva, con ampla experiencia en coidados avanzados de feridas e patoloxía vascular. Desenvolve actividade docente e asesora especializada en vendaxe compresiva e integridade cutánea.

Obradoiro 4: Colaboración sociosanitaria en mapeo de activos.
Uxía Rey Lamas. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster en Xestión e Liderado Enfermeiro. Experto Universitario en Educación Terapéutica en Diabetes. Centro de Saúde de Vite. Área sanitaria de Santiago e Barbanza. Coordinadora do Grupo de Traballo de Estilos de Vida Saudables da AGEFEC.
Carla Miranda Iglesias . Graduada en Traballo Social pola USC con especialización en prevención e sensibilización das violencias sexuais e de xénero pola Universidade do Rei Xoán Carlos. Responsable de proxectos e de promoción da igualdade Federación Dano Cerebral Galicia.

12:15–12:45h
Pausa café
12:45–13:45h
Comunicacións orais I
13:45–14:15h
Simposio / Sesión satélite I"

Enfermaría, confianza, evidencia, equipo e acción: Campañas que deixan pegada
Verónica Civeira Pérez. Subdirectora de enfermaría de atención primaria na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, enfermeira especialista en enfermaría familiar e comunitaria con formación en xestión, atención integral ao paciente crónico, formación ocupacional e actual doctoranda no programa de investigación clínica da USC. Coordinadora de campañas e equipos de vacunación na súa área sanitaria dende o 2020 ata a actualidade.
Patrocinado por Pfizer.

14:15–16:00h
Descanso
16:00–18:00h
Obradoiros simultáneos

Obradoiro 1: Ferramentas dixitais de apoio na consulta de AP.
Daniel Simón Valero. Enfermeiro, consultor en IA xerativa e coordinador do Nodo de Innovación da Área Sanitaria de Vigo.Especializado en transformación dixital, teleseguimento e aplicación da intelixencia artificial ao ámbito sanitario

Obradoiro 2: Abordaxe da violencia de xénero en AP.
María del Mar González Fernández-Conde. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria e matrona, con ampla traxectoria en Atención Primaria e prevención da violencia de xénero. Referente nacional neste ámbito, participa en estratexias, grupos de traballo e actividades docentes relacionadas coa prevención e abordaxe da violencia de xénero e a saúde afectivo-sexual.

Obradoiro 3: Vendaxe compresiva.
Carmen Alba Moratilla. Enfermeira experta en feridas complexas e terapia compresiva, con ampla experiencia en coidados avanzados de feridas e patoloxía vascular. Desenvolve actividade docente e asesora especializada en vendaxe compresiva e integridade cutánea.

Obradoiro 4: Colaboración sociosanitaria en mapeo de activos.
Uxía Rey Lamas. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Máster en Xestión e Liderado Enfermeiro. Experto Universitario en Educación Terapéutica en Diabetes. Centro de Saúde de Vite. Área sanitaria de Santiago e Barbanza. Coordinadora do Grupo de Traballo de Estilos de Vida Saudables da AGEFEC.
Carla Miranda Iglesias . Graduada en Traballo Social pola USC con especialización en prevención e sensibilización das violencias sexuais e de xénero pola Universidade do Rei Xoán Carlos. Responsable de proxectos e de promoción da igualdade Federación Dano Cerebral Galicia.

18:00–18:30h
Pausa café / sesión póster
18:30–20:00h
Mesa I. A voz do paciente: necesidades percibidas e experiencias compartidas

Moderadora: Elena Isla Sánchez

Raúl Espada Menor. Traballador social e educador social, con experiencia no acompañamento a persoas dependentes, coidadoras e pacientes con enfermidades crónicas e neurodexenerativas. Desenvolve a súa actividade en ASCUDEAN, centrada no apoio social e na mellora da calidade de vida das persoas coidadoras.

Aida Gámez Lloret. Dietista e creadora de contido especializada en diabetes tipo 1. Desenvolve labores de divulgación, educación e apoio a persoas con diabetes e ás súas familias, promovendo hábitos saudables e visibilidade da enfermidade a través das redes sociais.

María del Mar Cruz Gutiérrez e Patricia Roa Díez. Enfermeiras integrantes do equipo coordinador do Programa Pacient Actiu das Illas Baleares. Expertas en educación para a saúde, formación de pacientes activos e desenvolvemento de programas de participación e autocuidado en Atención Primaria.

Sábado 31 de outubro

08:30h
Rexistro e entrega de documentación
09:00–10:30h
Mesa II. Papel da enfermeira de AP na cronicidade

Moderadora: Belén López Vázquez

Daniel Marcos Esmorís Arranz. Enfermeiro de Atención Primaria con experiencia en insuficiencia cardíaca e cardioloxía hospitalaria. Participa en actividades docentes e formativas relacionadas coa detección precoz e manexo da insuficiencia cardíaca.

Domingo Damián Rodríguez Paz. Enfermeiro especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, con experiencia en enfermidade renal crónica e diálise. Participa en proxectos de innovación e detección precoz da ERC no SERGAS, combinando actividade asistencial e investigadora.

Irene Gamazo Vázquez. Enfermeira especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, referente e experta en EPOC. Desenvolve a súa actividade en Atención Primaria, con experiencia en abordaxe da cronicidade respiratoria, cesación tabáquica e formación a profesionais e residentes.

10:30–11:00h
Mesa inaugural
11:00–11:30h
Simposio / Sesión satélite II

Monitorización continua da glucosa en DM2 con insulina basal: consellos actuáis, beneficios clínicos e niveis de evidencia
Ana Fernández Conde. Graduada en Enfermaría con máster na atención e educación das persoas con diabetes. Actualmente enfermeira da consulta de educación diabetolóxica en Ourense, conta con experiencia de docencia universitaria na Escola de Enfermaría de Ourense así coma en cursos sobre educación terapéutica en diabetes.
Patrocinado por Abbott.

11:30–12:00h
Pausa café / sesión póster
12:00–13:30h
Mesa III. Abordaxe da muller ao longo da vida

Moderadora: Yolanda Rodríguez Vieira

Belinda Ínsua Fuentes. Enfermeira especialista en Saúde Mental, con experiencia en intervención intensiva e prevención do suicidio. Combina actividade asistencial, docente e divulgativa no ámbito da saúde mental e o benestar emocional.

Irene Varela Veiga. Matrona de Atención Primaria experta en saúde da muller, menopausia e lactancia materna. Desenvolve actividade asistencial e comunitaria centrada na educación para a saúde feminina ao longo do ciclo vital.

Emma Enríquez Merayo. Dietista-nutricionista especialista en nutrición clínica e obesidade, con experiencia en consulta de nutrición e Atención Primaria. Participa en actividades de educación para a saúde e abordaxe nutricional da menopausia e saúde da muller.

13:30–14:00h
Simposio / Sesión satélite III

Pneumococo no adulto: cando cada serotipo conta.
Álvaro Carrera García. Enfermeiro especialista en familiar e comunitaria. Titor EIR. Participa como formador na docencia de diversos cursos relacionados co ámbito da vacinación e coordina o grupo de traballo de Saúde Pública da AGEFEC.
Patrocinado por MSD.

14:00–16:00h
Descanso
16:00–17:30h
Mesa IV. Abordaxe multidisciplinar para a prevención e cicatrización de feridas

Moderadora: Elena Rodríguez Penín

Rubén Molina Carrillo. Enfermeiro experto en feridas complexas e terapia compresiva, con ampla experiencia en Atención Primaria e coidados avanzados de lesións vasculares e pé diabético. Presidente da Asociación Española de Compresión Terapéutica (AECOMT) e docente en múltiples programas de formación especializada en feridas.

María Piñón Vila. Dietista-nutricionista especializada en nutrición clínica e atención á persoa crónica, con experiencia en Atención Primaria e educación nutricional. Desenvolve actividade asistencial, docente e divulgativa no ámbito da alimentación, saúde e prevención.

Estela Sánchez Rodríguez. Traballadora social dos Servizos Sociais Comunitarios de Portomarín, con experiencia na atención a persoas dependentes e na coordinación do Servizo de Axuda no Fogar. Desenvolve a súa actividade no ámbito comunitario, promovendo a atención integral e o apoio sociosanitario ás persoas con necesidades de coidados.

17:30–18:30h
Comunicacións orais II
18:30–19:00h
Pausa café / sesión póster
19:00–19:30h
Simposio / Sesión satélite IV

Recursos e ferramentas para a investigación.
Mª Guadalupe Fontan Vinagre. – Coordinadora na Fundación Instituto Español de Investigación Enfermera, graduada en Enfermaría, con diferentes másteres en xestión e doutorada en dereito e ciencias sociais. Conta con ampla experiencia como docente e directora de masteres en investigación.
Consejo General de Colegios de Enfermería de España.

19:30–20:00h
Clausura e entrega de premios. Recoñecemento a membros xubilados.

NORMATIVA COMITÉ CIENTIFICO  


I. NORMAS XERAIS (AGEFEC 2026)

 

I.1. Ámbito e temática. 

Poderán presentarse traballos relacionados coa Enfermaría Familiar e Comunitaria, en calquera área temática e con metodoloxía cuantitativa, cualitativa ou mixta.

I.2. Modalidades de presentación.

As comunicacións poderán presentarse en dúas modalidades:

  1. Comunicación oral.
  2. Póster científico.

 

I.3. Os traballos deberán enmarcarse nun dos seguintes bloques metodolóxicos e formatos:

  • Estudo experimental / cuantitativo (artigo orixinal):Inclúe ensaios clínicos, estudos observacionais, estudos de intervención ou outros deseños cuantitativos.
  • Estudo cualitativo (artigo orixinal):Abrangue investigación con metodoloxía cualitativa ou mixta, incluíndo estudos fenomenolóxicos, etnográficos, teoría fundamentada ou investigación-acción participativa.
  • Casos clínicos e intervencións(artigo breve):Presentación de casos clínicos relevantes, experiencias innovadoras en coidados, actividades comunitarias ou programas desenvoltos no ámbito da enfermaría familiar e comunitaria.
  • Revisión bibliográfica: Revisións sistemáticas, metaanálises, metaetnografías, scoping reviews ou outros tipos de revisións da literatura.
  • Proxecto: Protocolos de investigación en fase de deseño, incluíndo antecedentes, obxectivos, metodoloxía e plan de traballo.

 

I.4. Orixinalidade e opción a premio

  • Poderán enviarse traballos xa presentados noutros foros agás aqueles que opten a premio, que deberán ser inéditos (non publicados nin premiados con anterioridade).
  • No formulario de envío será obrigatorio indicar a casa “Opta a premio: si/non”.

 

I.5. Linguas

Galego ou Castelán.

I.6. Autoría e presentación.

  • Sen límite de traballos por autoría, pero cada poñente só poderá defender un máximo de dúas comunicacións.
  • A persoa designada como poñente deberá estar inscrita no Congreso (salvo causa de forza maior xustificada e aceptada polo Comité Científico) e será o interlocutor co Comité.

 

I.7. Sistema de envío.

O envío realizarase exclusivamente a través dos formularios oficiais da web do Congreso. Unha vez enviado, o resumo considérase definitivo (ver excepción de “segunda oportunidade” no punto 11).

I.8. Anonimización obrigatoria.

  • Resumos e traballos completos deben remitirse sen datos identificativos de autores, institucións nin fontes que poidan identificalos.
  • O incumprimento suporá a non avaliación ata corrección; ver punto 11 (segunda oportunidade).

 

I.9. Reclasificación.

O Comité Científico poderá reclasificar unha comunicación (oral↔póster) ou o bloque metodolóxico por razóns científicas ou organizativas. Notificarase ao interlocutor/a.

I.10. Condicións de aceptación.

A aceptación do resumo é condicionada e quedará validada cando se xustifique o pago da inscrición nos 10 días posteriores á notificación.

I.11. Segunda oportunidade por erros formais.

Ante erros de anonimización, formato ou faltas de partes esenciais, ofrecerase un único novo envío no prazo que se indique na notificación. As faltas ortográficas penalizan a puntuación, pero non motivan novo envío.

Todos os traballos serán avaliados mediante un sistema de revisión por pares, asignando dous revisores/as independentes a cada resumo ou traballo completo.

  • En caso de desacordo significativo entre as puntuacións (diferenza superior a 3 puntos), intervirá un terceiro revisor/a, sendo a súa valoración a que determine a puntuación final.
  • A decisión final de aceptación, reclasificación ou exclusión correspóndelle sempre ao Comité Científico.

 

I.12. Avaliación e irrecorribilidade.

As comunicacións serán avaliadas polo Comité Científico segundo o baremo público. As decisións serán firmes e non recorribles.

I.13. Traballos completos.

  • Só se solicitarán para comunicacións orais que opten a premio.
  • Nos pósters non será necesario texto completo (deberán enviar o póster definitivo segundo formato).

As Comunicacións aceptadas polo Comité Científico pasarán a formar parte das Actas do Congreso. Todos os/as autores/as con Comunicacións aceptadas AUTORIZAN de forma implícita, a súa publicación nos medios que AGEFEC considere mais axeitados para a divulgación das mesmas. Os/as autores/as conservan os dereitos de copyright pero autorizan a súa publicación gratuíta.

I.14. Incompatibilidades.

Traballos presentados por membros do Comité Científico, do Comité Organizador ou da Xunta Directiva de AGEFECnon poderán optar a premio.

I.15.Ética e protección de datos.

É responsabilidade dos/as autores/as garantir o cumprimento ético (consentimentos, confidencialidade, comité de ética se procede) e a protección de datos vixente.

I.16.Propiedade intelectual de materiais.

O uso de imaxes, táboas, figuras ou material alleo require autorización. A organización non se fai responsable de infraccións.

I.17.Comunicacións coa organización.

Toda consulta realizarase exclusivamente a través das canles oficiais indicadas na web do Congreso.


II. PRESENTACIÓN DE RESUMOS

II.1. Datas de envío

Os resumos deberán enviarse mediante o formulario en liña dispoñible na páxina web oficial do Congreso.

  • Envío resumos: PLAZO FINALIZADO (31/07/2026)
  • Notificación de aceptación/rexeitamento: 15/08/2026
  • Segunda volta de corrección por erros formais: 22/08/2026
  • Envío traballo completo (só comunicacións orais que opten a premio):
    • Prazo ordinario: 01/10/2026
  • Envío póster definitivo: mesmas datas que os traballos completos.
  • Envío presentación audiovisual (comunicación oral):
    • Prazo ordinario: 15/10/2026

Nota: non será necesario o envío de traballo completo nos pósteres, só do póster final.

II.2. Formato

Os resumos deberán respectar o seguinte formato de presentación:

  • Idioma: galego ou castelán.
  • Extensión: máximo 350 palabras (excluíndo título, autores, palabras clave e bibliografía).
  • Título: en maiúsculas, sen abreviaturas, en negriña, máximo dúas liñas e ata 15 palabras.
  • Autoría: máximo 6 autores/as. Identificados con dous apelidos e nome, categoría profesional e centro de traballo (mediante superíndices). O/a poñente deberá incluír correo electrónico e teléfono de contacto.
  • Estrutura: Introdución, Obxectivo, Metodoloxía, Resultados e Conclusións.
  • Palabras clave: catro, extraídas do tesauro DeCS (https://decses.bvsalud.org/).
  • A bibliografía citarase seguindo as normas do estilo Vancouver. Para orientación práctica e exemplos, os autores poden consultar:
  • Biblioguias UAM: https://biblioguias.uam.es/citar/estilo_vancouver
  • Fisterra (formación en metodoloxía): https://www.fisterra.com/formacion/metodologia-investigacion/estilo-vancouver/
  • Formato técnico: Arial 12, interliñado 1,5.

 

II.3. Criterios de avaliación dos resumos

Os resumos serán avaliados polo Comité Científico mediante un sistema de revisión por pares, tendo en conta os seguintes ítems:

  • Estrutura: axustada ás normas do Congreso.
  • Redacción: clara e concisa, sen faltas ortográficas.
  • Obxectivos: relevancia e novidade.
  • Metodoloxía: adecuación e validez.
  • Resultados: coherentes cos obxectivos.
  • Discusión/conclusións: implicacións para a práctica profesional.

 As faltas ortográficas penalizan na puntuación pero non invalidan o resumo.

 En caso de discrepancia >3 puntos entre dous revisores, intervirá un terceiro avaliador.

 O Comité Científico poderá ponderar a puntuación final en función da orixinalidade do deseño ou temática.


III. ESTRUTURA DO ARTIGO COMPLETO

O envío de traballos completos só será necesario para aquelas comunicacións orais que opten a premio. A Secretaría Técnica notificará ao/á primeiro/a autor/a en caso de ser requirido.

  • Formato: PDF, letra Arial 12, interliñado 1,5.
  • Idioma: galego ou castelán.
  • Extensión máxima: 3.000 palabras (1.500 no caso de artigos breves).
  • Bibliografía: estilo Vancouver.
  • Directrices metodolóxicas: recoméndase seguir as guías internacionais correspondentes, dispoñibles na web EQUATOR (https://www.equator-network.org/):
    • CONSORT para ensaios clínicos.
    • STROBE para estudos observacionais.
    • PRISMA para revisións sistemáticas.
    • SRQR para estudos cualitativos.
    • Outras guías segundo o deseño.

 A aceptación dun resumo non garante a aceptación do traballo completo. Calquera manuscrito que non respecte a normativa poderá ser rexeitado.

III.1. Artigo orixinal

(Máx. 3.000 palabras, con táboas e figuras se procede)

  1. Introdución
  2. Obxectivos
  3. Metodoloxía
  4. Resultados
  5. Discusión / conclusións
  6. Bibliografía

 

III.2. Revisión bibliográfica

(Máx. 3.000 palabras)

  1. Introdución
  2. Obxectivos
  3. Metodoloxía
  4. Resultados
  5. Discusión / conclusións
  6. Bibliografía

 

III.3. Artigo breve

(Máx. 1.500 palabras)

Caso clínico

  1. Introdución
  2. Exposición do caso
  3. Plan de coidados de enfermaría (diagnósticos, obxectivos, intervencións)
  4. Discusión / conclusións
  5. Bibliografía

Experiencia innovadora / comunitaria

  1. Introdución / xustificación
  2. Obxectivos
  3. Desenvolvemento / descrición
  4. Resultados
  5. Conclusións
  6. Relevancia / aplicabilidade
  7. Bibliografía

 

III.4. Proxecto

(Máx. 3.000 palabras)

  1. Antecedentes e estado actual
  2. Aplicabilidade
  3. Obxectivos
  4. Metodoloxía
  5. Plan de traballo
  6. Aspectos éticos
  7. Plan de difusión dos resultados
  8. Financiamento
  9. Bibliografía

 

III.5. Avaliación dos traballos completos

Os traballos completos que opten a premio serán avaliados mediante un sistema mixto de revisión por pares, con base en ferramentas de lectura crítica internacionalmente recoñecidas e adaptadas ao tipo de estudo.

  1. a) Estudos cuantitativos
  • Ensaios clínicos / experimentais:
    • CONSORT (Consolidated Standards of Reporting Trials)
    • Jadad Scale para valorar a calidade dos ensaios clínicos.
  • Estudos observacionais (cohorte, caso-control, transversais):
    • STROBE (Strengthening the Reporting of Observational Studies in Epidemiology)
    • SIGN (Scottish Intercollegiate Guidelines Network) como referencia metodolóxica.
  1. b) Estudos cualitativos
  • SRQR (Standards for Reporting Qualitative Research)
  • CASPe (Critical Appraisal Skills Programme en español), adaptado á investigación cualitativa.
  • COREQ (Consolidated Criteria for Reporting Qualitative Research) para estudos baseados en entrevistas ou grupos focais.
  1. c) Revisións bibliográficas
  • PRISMA 2020 (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses)
  • AMSTAR 2 (A MeaSurement Tool to Assess systematic Reviews) para avaliar a calidade metodolóxica das revisións.
  • Para revisións narrativas: SANRA (Scale for the Assessment of Narrative Review Articles).
  1. d) Casos clínicos e experiencias comunitarias
  • Adaptación de CARE Guidelines (Case Report Guidelines) para a presentación de casos clínicos.
  • Para experiencias innovadoras ou programas comunitarios: rúbricas específicas de avaliación baseadas en criterios de relevancia, aplicabilidade e impacto profesional.
  1. e) Proxectos de investigación
  • SPIRIT (Standard Protocol Items: Recommendations for Interventional Trials), para protocolos de ensaios.
  • Redalyc – Guía para a elaboración e avaliación de proxectos de investigación.
  • Avaliación de coherencia entre obxectivos, metodoloxía, cronograma e viabilidade.

 

III.6. Sistema de puntuación

  • Calidade metodolóxica: ata 60 puntos (segundo checklist correspondente).
  • Defensa pública (comunicación oral) ou póster: ata 40 puntos.
  • Puntuación final: suma ponderada (0–100).

 En caso de discrepancia significativa (>10 puntos) entre revisores, intervirá un terceiro avaliador/a independente.

 O Comité Científico elaborará unha acta oficial coas puntuacións e resolución final, asinada por Presidencia e Secretaría Técnica.


IV. PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS

As comunicacións aceptadas polo Comité Científico deberán ser presentadas nas modalidades de comunicación oral ou póster científico, segundo corresponda.

A Secretaría Técnica notificará ao/á interlocutor/a a data, hora e lugar da súa defensa.

IV.1. Comunicación oral

  • Plantilla obrigatoria: A presentación deberá realizarse empregando a plantilla oficial do Congreso, dispoñible na web.
  • Primeira diapositiva: incluirá o título e autoría do traballo.
  • Entrega da presentación: deberá enviarse en formato dixital (PDF ou PowerPoint®) antes do 15/10/2026.
  • Duración da exposición: máximo 8 minutos, cun tempo adicional para preguntas e debate.
  • Medios técnicos: o Congreso facilitará equipo informático e proxección; recoméndase traer copia da presentación en pendrive como respaldo.
  • Avalición da defensa oral:
    • Claridade e adecuación da presentación ao resumo/traballo (60%).
    • Capacidade de síntese, manexo do tempo e interacción co público (40%).

 

IV.2. Comunicación póster

  • Formato dixital obrigatorio: todos os pósteres deberán presentarse en plantilla oficial do Congreso, dispoñible na web. Non se admitirán versións impresas.
  • Contidos mínimos: Xustificación, Obxectivo, Metodoloxía (ou fases da experiencia), Resultados, Conclusións, Bibliografía.
  • Elementos gráficos: pódense incluír táboas, figuras e gráficos.
  • Exposición: os pósteres serán proxectados en pantallas habilitadas no espazo expositivo.
  • Interacción cos asistentes: os/as autores/as deberán estar dispoñibles nos intervalos sinalados para responder dúbidas.
  • Acceso dixital: todos os pósteres estarán dispoñibles mediante código QR no programa oficial e na plataforma en liña do Congreso.
  • Avalición do póster:
    • Coherencia co resumo aceptado e claridade científica (60%).
    • Deseño, estética e lexibilidade (40%).

 Nota importante: O incumprimento dos prazos de envío da presentación oral ou do póster definitivo suporá a exclusión da defensa e, no seu caso, da opción a premio.


V. PREMIOS

Co obxectivo de recoñecer e poñer en valor a calidade científica dos traballos presentados, establécese unha estrutura de premios equilibrada entre modalidades de presentación (oral e póster) e bloques metodolóxicos.

V.1. Dotación económica global

A suma total destinada aos premios ascende a 5.000 €, distribuída nos seguintes bloques:

  1. a) Estudos experimentais / cuantitativos
  • Mellor comunicación oral – 1º premio: 800 €
  • Mellor comunicación oral – 2º premio: 500 €
  • Mellor póster – 1º premio: 500 €
  • Mellor póster – 2º premio: 300 €Subtotal: 2.100 €
  1. b) Estudos cualitativos
  • Mellor comunicación oral – 1º premio: 800 €
  • Mellor comunicación oral – 2º premio: 500 €
  • Mellor póster – 1º premio: 500 €
  • Mellor póster – 2º premio: 300 €Subtotal: 2.100 €
  1. c) Casos clínicos, intervencións e revisións bibliográficas
  • Mellor comunicación oral – 1º premio: 400 €
  • Mellor comunicación oral – 2º premio: 250 €
  • Mellor póster – 1º premio: 100 €
  • Mellor póster – 2º premio: 50 €Subtotal: 800 €
  1. d) Proxectos de investigación

Nesta categoría outorgarase un accesit honorífico ao mellor proxecto de investigación presentado, valorándose a súa calidade metodolóxica, viabilidade e potencial impacto na práctica enfermeira.

Este recoñecemento non levará aparellada dotación económica directa, pero o equipo galardoado disporá do apoio institucional e técnico necesario para o desenvolvemento do estudo, incluíndo:

  • Acompañamento metodolóxico durante as fases de deseño, execución e avaliación.
  • Acceso a recursos tecnolóxicos e científicos para facilitar a recollida, análise e difusión dos resultados.
  • Difusión do proxecto a través dos canais oficiais da organización, co fin de favorecer a súa visibilidade e transferencia de coñecemento.

Este accesit pretende impulsar a investigación enfermeira aplicada, facilitando que proxectos con potencial transformador poidan materializarse con garantías de calidade e rigor científico.

A entrega oficial dos premios realizarase na sesión de clausura do Congreso.

V.2. Declaración de premios desertos

No caso excepcional de que, dentro dunha determinada categoría ou modalidade, ningún traballo acade o nivel de calidade, rigor metodolóxico ou relevancia profesional requirido, o Comité Científico poderá declarar deserto o premio correspondente.

Neste suposto, a categoría quedará sen premio nin dotación económica, sen que poida transferirse ou reasignarse a outras modalidades.


VI. RESOLUCIÓN DE DÚBIDAS

Calquera consulta relacionada coa presentación de traballos, prazos, formatos ou normativa deberá realizarse exclusivamente a través das canles oficiais do Congreso:

  • Correo electrónico do Comité Científico: comite.cientifico@agefec.org
  • Formulario de contacto dispoñible na páxina web do Congreso.

 Non se atenderán dúbidas formuladas por vías non oficiais (teléfono persoal, mensaxería instantánea, redes sociais…), coa fin de garantir a imparcialidade, a trazabilidade das respostas e a igualdade de trato a todos/as os/as participantes.

 O Comité Científico comprométese a dar resposta ás consultas nun prazo máximo de 7 días naturais dende a súa recepción.